No marco do convenio de colaboración que mantemos ASOCIACIÓN AMICOS e VEGALSA-EROSKI, compañía galega de distribución alimentaria, realizamos unha xornada de limpeza na praia da Madorra, de Nigrán, coa participación de 28 alumnos e alumnas do CEIP Arquitecto Palacios e 70 voluntarias e voluntarios.

O martes 25 de abril tivo lugar unha xornada de retirada, identificación, clasificación e pesaxe de residuos mariños na praia da Madorra, en Nigrán. Esta acción medioambiental forma parte do convenio de colaboración mediante o cal Asociación Amicos e Vegalsa-Eroski  traballamos nas labores de limpeza integral de praias no marco do proxecto RE-MAR, un proxecto liderado por Amicos que ten como obxectivo a custodia ambiental para a redución dos residuos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego. O programa articúlase ao redor de dous eixos de traballo: a recollida, clasificación e valorización dos residuos, por unha banda; e a formación e educación ambiental e a sensibilización nos colexios e espazos e áreas de actuación, por outra.

Nela participaron persoal de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, directora de Sostenibilidad e Comunicación Corporativa, , e o director de Calidade e Medioambiente, Ricardo Castro. Tamén estivo presente o director-conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas.

Gabriela González, a directora de Sotenibilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, puntualizou , “É unha verdadeira satisfacción colaborar con AMICOS e cos diferentes centros educativos en proxectos ambientais de amplo alcance materializados en iniciativas tanxibles que, como esta, permiten implicar á comunidade local de maneira constante a través da inclusión social”. Con esta nova acción, Vegalsa-Eroski reafirma o compromiso de colaboración con AMICOS en materia ambiental adquirido en decembro do ano 2022, mediante o cal a compañía doou preto de 9.000 euros para cofinanciar o proxecto RE-MAR.

O noso director xeral, Xoán España, apuntou que “os activistas da nosa asociación son exemplo de como concienciar e fomentar o eco activismo social e ambiental, e isto, só é posible grazas a organizacións que o levan no seu ADN como Vegalsa – Eroski, que impulsa e apoia a AMICOS”. Ademáis, a nosa colaboración con Vegalsa-Eroski esténdese a outras ramas de actuación, como o programa integrado de emprego impulsado pola nosa asociación e que permitiu inserir laboralmente durante o primeiro trimestre de 2023 a 43 persoas.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
FARO DE VIGO
EL ESPAÑOL
CORRESPONSABLES