A colaboración permitirá á nosa asociación atender e apoiar ás persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social ofrecéndolles orientación na búsqueda de emprego e formación.

Amicos firmamos esta mañá un convenio de colaboración para a cesión dun espazo físico co Concello de Cambados. Grazas a esta alianza, a asociación poderemos atender e apoiar a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, residentes en Cambados e arredores, con dificultades para acceder ao mercado laboral.

O tenente de alcalde e concelleiro de sanidade de Cambados, Constantino Cordal xunto con Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que o concello cede á entidade un local no municipio para a atención ás persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, ás que ofrece un servizo de orientación laboral.

Este convenio ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a promocionar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar unha labor de sensibilización no municipio sobre a necesidade de integrar socialmente ás persoas con discapacidade.

Constantino, destacou que con esta colaboración do municipio da un paso máis na necesaria inclusión das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, que suman neste colectivo un novo referente, o tenente alcalde apuntoú que “Cambados debe ser un concello inclusivo e accesible para as persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, Keltoi, agradeceu a colaboración do Concello que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos, e que significa “o asentamento na comarca do Salnés do departamento de Emprego de Amicos e así lograr dar apoio as persoas con discapacidade”“Esperamos contar co apoio das organizacións e empresas da contorna para seguir desenvolvendo este proxecto de emprego verde e inclusivo que tamen ofrecen as nosas Ecobrigadas”.

Na sinatura estivo tamén presente Amara Insua, orientadora de Amicos, que se encargará de orientar, informar e asesorar na procura de emprego e formación, elaborando un perfil profesional e un diagnóstico ocupacional. Ademais, creará aos usuarios do servizo uns itinerarios personalizados de inserción para que estes poidan conseguir o seu obxectivo, que non é outro que acceder a un posto de traballo..

Todas as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que precisen apoio pódense poñer en contacto coa nosa Área de Emprego de Amicos no seguinte teléfono 981 865 786 ou no correo de persoas@amicos.org.

Do mesmo modo, as empresas que estén en búsqueda de persoas para incorporar a súa plantilla, pódense poñer en contacto connosco a través das mesmas vías.

 

 

NOTICIAS EN MEDIOS
DIARIO DE AROUSA
OBARBANZA

Para máis información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org