Properdis e Servinserta, as empresas sociais da marca Amicos.org convocamos a 1ª Edición dos “Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable”. Estes premios están coofinanciados por CEPES e o Fondo Social Europeo dentro do proxecto PROPLUS. Dirixidos a administracións Públicas tanto Autonómica, Provinciais como concellos, así como a pequenas, medianas e grandes empresas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de xuño a través da seguinte ligazón.
Properdis e Servinserta, as empresas sociais da marca Amicos.org lanzamos a primeira edición dos “Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable” co obxectivo de recoñecer e dar visibilidade ás administracións públicas e empresas que impulsan o desenvolvemento da compra ou contratación público-privada socialmente responsable.
Neste sentido, Amicos.org buscamos identificar as administracións e empresas galegas con maior impacto na mellora das condicións de integración social e laboral das persoas máis vulnerables. Ademais, con esta iniciativa quere favorecer a contratación responsable para impulsar a redución das desigualdades sociais, a inclusión e a creación de emprego en Galicia.
Así mesmo, buscamos potenciar a sensibilización para as contratacións socialmente responsables en Galicia. “Dende Amicos sabemos que a acción máis pequena é mellor que a intención máis grande”, recoñeceu o director de Amicos, Xoán España. “Por iso, lanzamos este proxecto pioneiro en Galicia que xorde da necesidade de impulsar ás empresas que facilitan a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade”, explicou. “Dende a oficina de contratación responsable poñemos o foco en crear e manter o emprego das persoas con discapacidade impulsando a contratación responsable tanto no ámbito público como privado”, destacou o director de Amicos.
Categorías “Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsable”
Estes galardóns, que teñen por obxectivo recoñecer as iniciativas e actuacións de boas prácticas no ámbito da contratación responsable, e que están dirixidos a organismos e organizacións con domicilio fiscal ou social en Galicia, contan coas seguintes categorías:
Administracións Públicas: Autonómica, Provincial, Concellos de máis de 20.000 habitantes e Concellos de menos de 20.000 habitantes.
Empresas: pequenas, medianas e grandes empresas.
As candidaturas poden presentarse a través da web do proxecto Oficina de Contratación Responsable na seguinte ligazón ata o día 9 de xuño.
O xurado que fallará o resultado estará composto por persoas relevantes nos seus ámbitos profesionais e persoais tanto das administracións públicas como de entidades privadas (sen participar nas súas categorías respectivas), e por membros da nosa Asociación Amicos. Determinaranse tres finalistas por categorías e os premiados daranse a coñecer nun acto público de entrega de premios que se celebrará en xuño.
Para calquera dúbida pódese consultar na seguinte dirección:
info@oficinacontratacionresponsable.com
Premio Recoñecemento Sobresaliente
Ademais, Properdis e Servinserta concederán un “premio honorífico” dirixido a aquela persoa, empresa ou administración pública que destaque pola súa iniciativa emprendedora e a súa traxectoria profesional no campo da Responsabilidade Social.
Sobre AMICOS, PROPERDIS E SERVINSERTA
A Asociación Amicos contribuímos a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro autista, con parálise cerebral, e ás súas familias. Traballamos para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadán de pleno dereito e promovemos a construción dunha comunidade diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura.
No 2023 Amicos desenvolveremos a nosa actividade cun modelo de intervención en o que as persoas, familias e a comunidade ocupan o centro, e contaremos con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo. A sustentabilidade é un dos nosos eixos vertebradores que fixa criterios para participar activamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, con diversas liñas de actuación.
NOTICIAS EN MEDIOS
DIARIO DE AROUSA
O BARBANAZA.GAL
EL CORREO GALLEGO
EL ESPANOL
Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org