Os pasados 25 e 26 de maio tivemos a oportunidade de participar no primeiro encontro presencial do “International Creative Jam”, englobado no noso Proxecto “Rural Youth of Europe”. O noso proxecto “Rural Youth of Europe” está financiado polo programa “Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores” da Comisión Europea – EACEA.

 

 

Durante o xoves 25 e venres 26 de maio tiveron lugar unhas xornadas intensivas de descubrimiento, aprendizaxe, e traballo en equipo, para dar a oportunidade a mozos e mozas de varios países a colaborar entre sí para atopar solucións innovadoras aos retos para a sustentabilidade do medio rural na temática de “Emprendemento”.

 

 

Coordinado e xestionado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, tivo lugar no centro de emprendemento e Espazo co-working do Concello de Vedra. Hubo tempo para coñercerse, romper o xeo a través do xogo, máis tamén para a aprendizaxe en obradoiros temáticos (podcast, intelixencia artificial, financiamento para o emprendemento, xestión para o emprendemento,..), utilizando ferramentas dixitáis para ordenar as propostas e ser quen de defender ante un xurado as ideas e solucións seleccionadas por cada grupo.

Foi un reto e un esforzo moi grande para moitas e moitos das/os participantes, que tiveron que superar inseguridades, liberarse de algúns prexuízos, e lanzarse a falar, opinar, debater… Foi un encontro no que houbo ocasión para desenvolver e reforzar compentencias sociais (liderado, traballo cooperativo, respecto, integración e inclusión, multiculturalidade…) ao tempo que ilusionarse imaxinando posibilidades laborais e de convivencia e prosperidade para o noso Rural no marco dos valores democráticos da UE.

 

 

Este proxecto aínda ten recorrido por diante, o próximo encontro será en Lugo, os días 13, 14 e 15 de Xuño. A temática será a INNOVACIÓN e a TECNOLOXÍA, coordinado e xestionado pola entidade socia LugOpenFactory. Contaremos de novo coa presenza e colaboración das entidades sociais Cámara de Comercio de Santiago, Fundación Galicia Europa, Eurodidade Chaves-Verín, Regjun Tramuntana (Malta), e UAV (Universidade Aurel Vlaicu din Arad – Romanía).

Continuaremos informando sobre os seguintes encontros, e preparándonos para recibir en Boiro o noso International Creative Jam que terá lugar en Novembro.