Temos a grande honra de recibir o premio “Sky Blue” por REMAR III
O pasado 25 de Maio en BREST (Francia), no marco dos #EMD2023, European Maritime Days, a coalición #EU4Ocean fixo a entrega dos premios #MakeEUBlue, a proxectos que contribúen a incrementar o coñecemento da cidadanía sobre os mares e océanos, e a incrementar a sensibilización sobre a importancia dos recursos mariños, a súa preservación, e a contribución que podemos facer todxs para garantir a sustentabilidade.
Estamos moi orgullosos dos nosos Axentes do Cambio de Amicos. “Todo o noso agradecemento por este premio, a todas as entidades que colaboran na preservación e mellora da nosa contorna costeira, do compromiso pola conservación e mellora da xestión ambiental con Buque Azul“.
Este recoñecemento anímanos e inspíranos a continuar neste esforzo por protexer os nosos oceános. A nosa área de Pekes tamén recibiu neste sentido a certificación #EUBlueSchools, formamos xa parte dunha rede europea de colexios comprometidos desde a educación para difundir mellores prácticas e hábitos para a preservación dos recursos mariños.
💙 Grazas!!!