Será unha formación de 30 horas presenciais desenvolvida en Ara Formación e participan un total de 10 alumnos.

Na mañá de hoxe a Asociación Amicos comezou unha nova acción formativa financiada pola fundación ONCE.

 

Esta formación está a ser impartida na cidade de Pontevedra, a duración será desde hoxe ata o próximo día 30 de xuño. Para facer un bo seguimento de todos os elementos que compoñen o temario, deberanse dedicar un total de 30 horas lectivas.

Ao alumnado dotaráselle de coñecementos sobre accidentes de traballo, enfermidades profesionais, dereitos e obrigacións, seguridade, normativa xeral, primeiros auxilios, hixiene e ergonomía.

 

Diana Cidrás, Orientadora Laboral da Asociación Amicos e Mercedes Pazos, Consultora de Formación de Inserta Empleo de la Fundación ONCE, foron as encargadas de dar a benvida aos participantes a esta formación.

 

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org