• A Conselleira de Promoción de Empleo e Igualdade, Elena Rivo López, loou o traballo da asociación e engadiu que “estes premios supoñen un recoñecemento ao compromiso coa creación de oportunidades para tódalas persoas e coa consolidación dun tecido produtivo forte e competitivo”. 
  •  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Parque das Illas Atlánticas e o Concello da Coruña foron algunhas das institución premiadas polo seu traballo en prol da inclusión sociolaboral, xunto cos concellos de Porto do Son e a Pobra do Caramiñal. 
  •  Nas categorías ligadas á empresa privada levaron os galardóns Viaqua e Gran Bazán pola visibilización e inclusión de todas as persoas independentemente das súas condicións físicas e psíquicas, ademais de recibir a mención especial nesta categoría Cabañitas del Bosque e Vegalsa-Eroski. 
  •  O premio honorífico á traxectoria responsable foi adicado á memoria do fundador de Jealsa, Jesús Alonso, premio que recolleron o conselleiro da Corporación Jealsa, Javier Alonso, e directora de relacións institucionais, Margarita Hermo. 

 

 

A asociación Amicos celebrou esta mañá a entrega de premios da primeira edición dos “Premios ás Boas Prácticas e Contratación Responsable”, a través das empresas sociais Servinserta e Properdis, co obxectivo de recoñecer e dar visibilidade ás Administracións Públicas e empresas privadas que impulsan a inserción laboral de persoas con diversidade funcional, favorecendo desta forma a contratación responsable, a redución das desigualdades sociais e a creación de emprego en Galicia.

Neste sentido, Amicos premiou ás administracións públicas e empresas galegas que considera que teñen un maior impacto na mellora das condicións de integración social e laboral das persoas máis vulnerables, xa que segundo recoñeceu o director de Amicos, Xoán España, “son estas as boas prácticas as que fan da nosa comunidade, unha sociedade cada día máis consciente do papel que xogan as empresas e Administracións Públicas como garantes de igualdade e promotoras da inserción sociolaboral das persoas con discapacidade”. 

 

 

Entre os galardoados da categoría de Administracións Públicas, o premio á administración autonómica otorgóuselle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pola iniciativa do servizo de xestión telefónica do sistema de transporte público de Galicia, cuxa contratación se reservou a centros especiais de Emprego de iniciativa social. Para a ocasión, asistiu á recollida do premio o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, quen salientou que “o traballo que desenvolven os responsables do servizo é esencial para garantir unha mobilidade sostible, accesible e de calidade para todos os galegos, especialmente para aqueles que viven no rural ou que teñen necesidades especiais de desprazamento”. 

 

 

O premio para a Administración Provincial foi para o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, dependente de Vicepresidencia Segunda y Conselleira Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo coidado e mantemento da zona, e recibiu o premio o Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández Bouzas, quen destacou que os integrantes de Amicos “son verdadeiros motores do cambio para lograr un equilibrio entre o ser humano e o medio ambiente”. Neste senso destacou o liderado da entidade e a visión inspiradora coa que comprenden os ritmos e necesidades da natureza.

 

 

Na categoría de administracións locais de máis de 20.000 habitantes, foi galardoado o Concello da Coruña por ser un exemplo como cidade inclusiva e aberta. Recolleu o premio a segunda tenenta da alcaldesa e concelleira responsable da Área de Benestar Social do Concello da Coruña, Yoya Neira, quen puso de manifesto “o esforzo no Concello de Coruña para aplicar e garantir a xustiza social tanto no ámbito da contratación como de forma transversal nas diferentes medidas e actuacións impulsadas polo Goberno municipal ao longo dos últimos anos”. Ademais, salientou que “desde o Concello da Coruña asumen a responsabilidade de contribuír a mellorar a sociedade, fomentando a inclusión laboral das persoas con discapacidade a través das licitacións públicas e dos convenios coas entidades implicadas”.

 

En canto ao premio á administración local de menos de 20.000 habitantes, o afortunado foi o Concello de Porto do Son polo seu traballo de inclusión, recollendo o galardón o concelleiro de Medioambiente, Promoción Económica e Emprego, Jose Manuel Dean, “son moitos os proxectos que levamos a cabo con Amicos, e somos moi conscientes do traballo que fixeron no noso concello, con resultados tan bós ou mellores que nalgunhas ocasións de outras brigadas”.

 

 

Ademáis, neste premio fíxose unha mención especial ao Concello de Pobra do Caramiñal, polo seu camino en prol da igualdade, recollido polo alcalde que lembrou ó recorrido xunto con Amicos nos últimos anos para lograr a inserción de persoas con discapacidade a través da contratación das Ecobrigadas para dar visibilidade das capacidades diferentes.

 

 

Pasando á categoría da empresa privada, o premio á Gran Empresa levóuno Viaqua polo desenvolvemento de accións para a mellora da calidade de vida das persoas e a contratación de traballadores con discapacidad. Neste caso, subiu ao escenario, a directora de DS de Viaqua, Leticia Rodríguez, que agradeceu á asociación o recoñecemento “polo seu empeño en transformar a vida e o futuro das persoas, empoderando e apoiando a creación de condicións adecuadas para que tódalas persoas poidan participar plenamente na sociedade e na comunidade”. “Neste proceso de transformación, o crecemento é mutuo”, finalizaou. Tamén a empresa Vegalsa contou cunha mención especial polo seu liderazgo e pola súa forma de ver o entorno. Nesta banda, a coordinadora de Selección da compañía, Fanny López, indicou que buscan “enriquecer ao máximo posible os nosos equipos de tendas, plataformas loxísticas e sede central a través da confección de plantillas diversas que se correspondan coa sociedade na que vivimos”. 

 

 

Na categoría das PEMEs, o premio foi para a Bodega Gran Bazán por dar visibilidade a súa labor de inclusión e abrirlle as portas do seu mundo ás persoas con discapacidade. Nesta caso recolleu o galardón o director da compañía, Adolfo Picáns quen fixo un pequeno percorrido desde os comezos da súa relación con Amicos, coa entrada na adega duns mozos que “pouco a pouco comezamos a sentir como parte da familia, o que desencadeou nun incremento das tarefas encomendadas á Asociación, e na nosa vontade de seguir colaborando dentro das nosas posibilidades”. Nesta categoría, a mención especial levouna Cabañitas del Bosque polo seu modelo de experiencias no cal todas as persoas teñen cabida. A encargada de recoller o galardón foi a directora do proxecto, Renata Lema que recoñeceu o “orgullo e felicidade de recibir este premio, porque dentro dos obxectivos e da RSC de Cabañitas del Bosque está a implicación por integrar no mercado laboral a colectivos desfavorecidos”.

 

 

Finalmente, o galardón de honor á traxectoria profesional responsable outorgóuselle póstumamente ao fundador de Jealsa, Jesús Alonso. O premio foi recollido por Javier Alonso, fillo do fundador da compañía e actual conselleiro da corporación, e a responsable de relacións institucionais da compañía, Margarita Hermo, recordou ós presentes as palabras de Jesús Alonso, fundador da empresa, na inauguración da Aula de Estimulación Sensorial no 2016, que leva o nome de Jealsa, facendo fincapé no compromiso desta coa súa contorna e o seu obxectivo de formar parte dunha sociedade mellor e máis solidaria, poñendo a inserción laboral de persoas con discapacidade no centro. “Eses valores que él impregnou en Jealsa son parte esencial do noso programa de RSC WESEA e sirven de guía para seguir colaborando no desenvolvemento desa sociedade máis plural, inclusiva e na que todos temos cabida”.

 

 

No peche do acto, a Conselleira de Promoción del Empleo e Igualdad, Elena Rivo López, subliñou que máis de 3.800 persoas integran o capital humano de Jealsa fonte de creación de emprego na comunidade, “seguindo principios e premisas que comparte a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade”. A conselleira puxo así en valor medidas como a flexibilidade horaria, de prevención do acoso laboral e a violencia de xénero, para a inserción laboral de persoas con discapacidade ou mesmo o plan de igualdade que na actualidade teñen en proceso de negociación para actualizalo. “Este premio supón un recoñecemento ao voso compromiso coa creación de oportunidades para tódalas persoas e coa consolidación dun tecido produtivo forte e competitivo”, indicou no acto de entrega do galardón póstumo a traxectoria responsable do fundador de Jealsa, Jesús Alonso, no que tivo palabras de parabéns tamén para o resto de empresas e administracións recoñecidas nesta primeira edición dos premios á contratación responsable.

 

 

O acto, que se celebrou na Cidade da Cultura e foi presentado pola xornalista María Meizoso, contou ademais con representantes de empresas e institucións que forman parte do día a día de Amicos, quen quixeron acompañar a entidade nun día de celebración e impulso a inserción laboral de persoas con discapacidade.

 

 

Sobre AMICOS 

A Asociación Amicos contribúe a xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, con trastornos do espectro autista, con parálise cerebral, e ás súas familias. Traballa para conseguir a inclusión de cada persoa como cidadán de pleno dereito e promove a construción dunha comunidade diversa con conciencia ambiental e respectuosa co seu patrimonio e cultura. 

No 2023 Amicos desenvolverá a súa actividade cun modelo de intervención en o que as persoas, familias e a comunidade ocupan o centro, e contará con persoas, medios, recursos económicos e alianzas para o seu desenvolvemento efectivo. A sustentabilidade é un dos seus eixos vertebradores que fixa criterios para participar activamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, con diversas liñas de actuación.

 

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org

 

NOTICIAS EN MEDIOS
COPE.ES
DIARIO DE AROUSA
LA VOZ DE GALICIA
XUNTA.GAL
XUNTA.GAL
LA VOZ DE GALICIA
OBARBANZA.GAL
EL ESPANOL
ECONOMÍA DIGITAL
CADENA SER
EXTRADIGITAL
CORUNA.GAL
LA OPINION CORUNA
EUROPAPRESS.ES
COPE.ES
GALICIAPRESS.ES