Na tarde de onte preto de 140 voluntarios e voluntarias do Banco Santander e Asociación Amicos démonos cita nunha limpeza de praia en Vilagarcía de Arousa. Grazas a esta colaboración conseguimos retirar 30,5 Kg de lixo na contorna da praia Compostela.

 

 

Amicos e Banco Santander colaboramos novamente nunha acción de limpeza medio ambiental e voluntariado corporativo na praia Compostela. Esta acción enmárcase dentro dos programas Santander Natura e Amicos Sea Care.

Na acción participaron traballadores do Banco Santander, que acudiron acompañados de familiares e “pequenos futuros activistas”, que xunto cos nosos “profes verdes” aproveitaron a ocasión para aprender, onde fixemos fincapé na importancia da sensibilización medio ambiental, a convivencia e a inclusión social.

 

 

Os nosos axentes ambientais dividíronse en grupos por cores para poder cubrir as distintas áreas da contorna. Despois dunha batida de recollida xuntámonos de novo para facer a clasificación do lixo. Mentres os maiores clasificaban os 30,5 Kg de residuos recollidos, os máis pequenos tiveron a oportunidade de aprender máis acerca dos residuos mariños e os ODS mentres xogaban dirixidos pola nosa “profe verde” Macarena.

 

 

Na limpeza participaron Luis Pernas Hermida, director  da Banca Institucional Galicia en Banco Santander, quen “agradeceu esta colaboración con Asociación Amicos compartindo iniciativas de voluntariado como a de Santander Natura”.

 

 

Reina Fernández Expósito, Técnica de Proxectos de Asociación Amicos, quixo tamén “agradecer a todo o equipo de Banco Santander Galicia pola tarde de implicación e convivencia”.

 

 

Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org