A acción é unha iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude en colaboración coa Asociación Amicos.
Eliminación de especies invasoras no Parque Natural de Corrubedo, eliminación residuos mariños en Sálvora, visita a Catoira, paseo por Santiago de Compostela, foron algunha das actividades realizadas polos participantes.
Amicos leva dende o 4 de xullo participando na cuarta edición do campo de voluntariado ambiental inclusivo da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. Na mañá de hoxe os integrantes da asociación e os voluntarios e voluntarias do campamento, organizaron unha acción medio ambiental na Illa de Sálvora, para dar a coñecer as actividades medio ambientais que tiveron lugar durante estes días e que se seguirán a desenvolver ata o domingo, 16 de xullo.
Os 16 participantes, de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, viñeron de diferentes puntos de Galicia: A Coruña, Melide, Boiro; España: Cáceres, Cádiz, Zaragoza, Salamanca e incluso doutros países: Italia e México.
Desde Amicos, o seu director xeral Xoan España, destacou: “Un ano máis están a facer un traballo espectacular na realización de actividades de alto valor añadido”. Engadiu que é unha acción inclusiva “para convivir, gozar e reforzar valores como o respecto e o coidado ambiental”.
Un dos voluntarios é Miguel Cancelas residente no Fogar Amicos, que se mostrou moi contento de participar no campo de traballo e así facer novas amistades, él explicou o que están a facer. Algunhas destas actividades son: eliminación de especies invasoras no Parque Natural de Corrubedo, eliminación de residuos mariños en Sálvora, visita a Catoira, Santiago de Compostela e incluso percorreron unha etapa do camiño dende o monte do Gozo.
Na xornada de hoxe, visitounos doña Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, que alabou as tarefas dos voluntarios e voluntarias que “Van poder estar 10 días coidando o noso patrimonio natural, ao mesmo tempo que realizan unha infinidade de actividades, esta é unha boa forma de dar a coñecer a riqueza natural que temos aquí en Galicia”, tamén destacou “Este é un campamento inclusivo, 3 mozos e mozas con discapacidade están a participar plenamente neste campo de voluntariado, realizando exactamente as mesmas actividades que o resto de rapaces e rapazas deste campamento de voluntariado ambiental”.
Durante a visita tamén nos acompañou Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, que se mostrou moi contenta “Xa que este ano participan mozos e mozas tanto de España como de Italia e México”. Rematou a súa intervención explicando que “As actividades que se fan neste campo de voluntariado son moi especiais e únicas, xa que tamén participan mozos e mozas con discapacidade e así xuntos creamos unha comunidade máis inclusiva”.
Victoria Basteiro, directora do campamento, “Quero agradecer o entusiasmo e compromiso de todos os participantes, co seu traballo contribuíron ao coidado ambiental das nosas costas”. Por último quero recoñecer que, “durante esta experiencia, tivemos a oportunidade de reunir a persoas con diferentes capacidades, o cal enriqueceu enormemente a experiencia e promoveu a igualdade de oportunidades”.
A xornada rematou coa participación de todos e todas os presentes nunha acción de sensibilización e recollida de residuos pola contorna da illa. Asímesmo, os asistentes poideron coñecer o tipo de residuos mariños que se soen encontrar nas limpezas de praia de primeira man.
NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICIA
Para máis información:
T. 981 865 716
M. 697 419 110
hola@amicos.org