O proxecto RE-Mar en Son&Sal, unha colaboración que ten como obxectivo a integración social e consistirá na retirada de residuos plásticos en diferentes praias das Rías Baixas. A primeira xornada de sensibilización celebróuse o pasado 20 de xullo na praia da Lanzada (O Grove) grazas ao apoio da adega Paco&Lola.
A adega Paco&Lola e Asociación Amicos unimos forzas para levar a cabo unha xornada de sensibilización ambiental. A actividade forma parte do proxecto Re-Mar de Asociación Amicos, e está incluído no ciclo Son&Sal que cada verán organiza a adega de Meaño Paco&Lola. O obxectivo do mesmo é poñer o foco na integración social mediante a recollida de residuos plásticos e microplásticos en diferentes praias das Rías Baixas e xerar novas oportunidades de emprego verde e adaptado, para que as persoas con discapacidade intelectual poidan realizar un proxecto de vida completo, contribuíndo ademais a que as praias da contorna permanezan nun perfecto estado de conservación.
Os “profes verdes” de Amicos comezaron cunha charla de sensibilización medioambiental para todos os participantes, antes de pasar a acción ca limpeza de residuos. Ademáis participamos no xogo de “O Lixo Mariño” de Remar, xogo inclusivo de preguntas e respostas no que participamos todos e poñemos a proba os nosos coñecementos sobre o lixo mariño.
Finalmente rematamos a xornada coa colaboración da banda burgalesa El Nido, que imparteu un taller de musicoterapia en torno ás músicas de raíz, un espectáculo destinado principalmente aos integrantes da asociación Amicos. O grupo dou un concerto totalmente gratuito ás oito dá tarde, nas instalacións da Arrocería A Lanzada onde amosou parte das músicas tradicionais para realizar un acercamento moderno ao folclore. Ambos colaboradores nesta actuación, unha xornada estival diferente traballando na concienciación e coidando do medioambiente, onde o pasamos en grande.
NOTICIAS EN MEDIOS
DIARIO DE AROUSA
LA VOZ DE GALICIA
DIARIO DE AROUSA
FARO DE VIGO
LA VOZ DE GALICIA
Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org