- Amicos xa formou no primeiro semestre do ano a máis de 100 participantes no Programa Integrado de Emprego (PIE) e a máis de 200 persoas grazas ao CEPES – Confederación Española de Economía Social.
- 74 personas insertadas e máis de 30 empresas que levan traballando polo emprego grazas o PIE de AMICOS 2023.
- Máis de 200 persoas viron consolidados os seus empregos grazas os programas do CEPES e os seus proxectos Amicovid, MarcaSocial e Proplus.
Amicos celebrou hoxe no Auditorio Municipal de Ribeira un acto de recoñecemento ao alumnado que se formou durante o primeiro semestre do Programa Integrado de Emprego 2022–2023.
O obxectivo principal do Programa Integrado de Emprego é a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións de formación ocupacional, prácticas non laborais e prospección e mediación coas empresas.
Neste primeiro semestre fixéronse 471 titorías individuais e leváronse a cabo 36 accións grupais entre formacións e talleres, 25 delas foron cursos relacionados co ámbito de almacén, comercio e limpeza, e a maiores formacións transversais en educación emocional, habilidades sociais e prevención de riscos. Por último, realizaronse 11 talleres grupais relacionados principalmente con recursos dixitais para a busca de emprego e pautas para a realización dunha entrevista laboral.
Tamén se firmarón 32 convenios con empresas, logrando que 30 persoas realizasen prácticas non laborais en: Vegalsa, Gadisa, DS Smith, García Sánchez, Informática Rossman, Domus VI Ribeira, Supermercado DÍA de Ribeira, TIPSA, Clic Publicidade, Centro de Uñas Yazmin Reyes, Pichero Estudo Fotográfico e A Despensa de María.
En canto a insercións, polo de agora 74 persoas xa tocaron emprego dende que comezou o programa, 45 mulleres e 29 homes, desas 19 teñen discapacidade. 66 delas a día de hoxe continúan traballando. Grazas ao programa Integrado de Emprego firmáronse un total de 111 contratos novos de traballo.
O acto estivo guiado por Rosario Cajaraville Duro, veciña de Ribeira que ven participando por segundo ano consecutivo no programa, ela realizou formacións en manipulado de alimentos, igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e educación emocional, grazas á súa gran implicación e constancia pudo realizar prácticas no Hiper Gadis de Ribeira, con funcións de caixeira e reponedora.
De seguido, Xoan España, director xeral de Amicos, agradeceu o compromiso e dedicación do alumnado durante este primeiro semestre do ano “Para Amicos a vosa vontade e dedicación e o motor que nos impulsa a seguir traballando cara a formación e inserción laboral”.
Durante a xornada tamén se presentaron os resultados dos proxectos nos que Amicos e as súas empresas de inserción, Properdis e Servinserta levan traballando nos últimos tres anos: Amicovid19, Marcasocial.org e Proplus, que contan coa financiación de CEPES, Confederación Empresarial Española de la Economía Social e o Fondo Social Europeo. Son tres iniciativas para a mellora da competitividade e consolidación das empresas, as entidades de economía social e as entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de inclusión social.
Marisa Estalote, técnica de proxectos da Asociación, xunto con Javier Freijo, usuario do centro integral Amicos, foron os encargados de presentar os resultados.
Falaron sobre o proxecto Amicovid19, e a problemática plantexada pola emerxencia sanitaria da Covid19 que acelerou a adaptación dos servizos á nova realidade. Por este motivo se deseñaron e implementaron medidas que permitiron dar continuidade aos servizos proporcionados ás persoas con discapacidade de forma deslocalizada, así como brindar un apoio integral ás familias.
No proxecto Marcasocial.org mellorouse a competitividade das empresas e as entidades de economía social da marca Amicos.org. Preténdese a potenciación de liñas de negocio actuais e o impulso de novas solucións, co obxectivo de mellorar a atención integral dos colectivos máis vulnerables.
Para finalizar falaron do proxecto Proplus que é un proxecto para mellorar a competitividade e medidas de consolidación empresarial das empresas e entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
O obxectivo de Proplus é a sensibilización de cara ás contratacións públicas socialmente responsables como unha ferramenta eficaz para avanzar no desenvolvemento sostible e para acadar os obxectivos sociais da Unión Europea.
O acto foi clausurado pola Directora Xeral de Emprego e Igualdade, Zeltia Lado que comentou, “É unha satisfacción poder comprobar estes resultados altamente satisfactorios de inserción laboral, que tratan de favorecer os colectivos máis vulnerables” aproveitou para agradecer o compromiso das empresas que axudan ás entidades como Amicos a que cumpran os obxectivos marcados.
A continuación deixámosvos os resultados:
👉 bit.ly/3rLDXDN
👉 https://bit.ly/3OxNxTR
NOTICIAS EN MEDIOS
O BARBANZA
DIARIO DE AROUSA
EL CORREO GALLEGO
Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org