Na maña de hoxe a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, realizou unha visita institucional ao Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro.
A directora foi recibida por Pilar Sampedro, responsable de centros e Adriana Miguéns, usuaria de Amicos, que realizaron as labores iniciais de presentación da entidade e o seu funcionamento. Tras unha breve explicación, Santé foi guiada polas instalacións por outros membros de Amicos: Manuel Prado, residente do Fogar Amicos e Xoan España, director xeral.
Durante o desenvolvemento da visita puido comprobar de primeira man os servizos de apoio as persoas con discapacidade do rural, como tamén a transformación e evolución significativa das instalacións e servizos, todo iso é posible grazas á obtención de recursos e ao financiamento de proxectos crave como os que Agader impulsa a través de fondos xestionados cos grupos de desenvolvemento rural (GDR).
Dende AGADER, a súa directora xeral, Inés Santé lembrou que estes grupos son os encargados de xestionar sobre o territorio a iniciativa Europea Leader. Nesta mesma liña, cómpre salientar que a medida Leader busca impulsar o desenvolvemento rural a través dunha estratexia plenamente participativa e baseada nun enfoque “de abaixo a arriba”, de forma que se garanta a participación activa dos principais axentes locais nestas políticas, a través do labor dos GDR. Polo tanto, estes fondos teñen unha repercusión moi positiva sobre o tecido social e económico das zonas rurais de Galicia.
Xoán España reivindicou que o centro é “un exemplo de sumar esforzos entre entidades privadas e públicas e así poder impulsar proxectos que teñan impacto positivo na sociedade”. O director lembrou que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural foi un “aliado moi importante” na época do inicio da construcción da sede en Boiro.
Entre eses desafíos de futuro, Xoán España citou máis recursos para atender as persoas con discapacidade, aumentar a financiación para continuar a formar laboralmente ás persoas con discapacidade e “seguir creando emprego vinculado ao mundo rural”.
Amicos atende na actualidade a máis de 900 persoas con discapacidade en toda Galicia, a maioría das contornas rurais.
O Centro de Atención Integral, situado en Comoxo (Boiro), botou a andar no 2009. A fase de construción comezou en 2010 e foi incorporando servizos paulatinamente ata o día de hoxe. Na actualidade as instalacións de Comoxo están inmersas nunha nova transformación e ampliación de espazos donde albergarán novas aulas de formación e tamén un novo edificio, o cal contará con 28 novas plazas residenciais, todas elas en habitacións individuais.
En novembro de 2017 AGADER concedeulle o PREMIO DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA o proxecto do Centro AMICOS.
NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICIA
DIARIO DE AROUSA
XUNTA DE GALICIA
COPE.ES
O BARBANZA
CANAL BARBANZA
CANAL RIAS BAIXAS
Para más información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org