• Esta xornada formativa para profesionais e familias ten como obxectivo principal a mellora continua das boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal.
• Esta xornada esta incluída dentro do proxecto INC-LEISURE en colaboración con 3 entidades europeas e cofinanciado por Erasmus+.

Na mañá de hoxe Amicos vén de presentar a I xornada formativa, “Construindo boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal” que se levará a cabo na Casa da Cultura (Boiro) o próximo día 30 de setembro.

 

 

A formación dirixida a profesionais da educación (profesores, persoal especialista, empresas de lecer e tempo libre, familias). Esta xornada formativa ten como obxectivo principal promover a mellora continua na educación presentando as guías prácticas de uso desenvoltas no proxecto INC-LEISURE en colaboración con 3 entidades europeas (Associaçao Grao Vasco (Portugal), Colexio OURC DR ZLATAN SREMEC (Macedonia do Norte) e Asociación Babilón (Alacante) e financiada polo programa europeo Erasmus+.

Na xornada contaremos coa presenza de Gey Lagar, destacada profesional no campo da inclusión social, a terapia, a asesoría e a formación. Cunha impresionante traxectoria e compromiso na promoción da inclusión social e o desenvolvemento humano, Gey é autora do programa “Patios e Parques Dinámicos” fonte de coñecemento e orientación para aqueles interesados na creación de espazos inclusivos e dinámicos. A súa obra demostra a importancia e o compromiso coa construción de contornas de xogo que promovan a inclusión e a interacción de todos e todas nos espazos de de educación non formal.

 

 

Tamén nos acompañarán profesionais do CEIP Santa Baia e o CEIP Carrasqueira, eles falaran da importancia dos Patios Inclusivos, comentarán exemplos que representan boas prácticas que podan axudar a crear un ambiente escolar máis inclusivo e equitativo, onde todos os estudantes teñan a oportunidade de aprender, xogar e crecer xuntos. A inclusión non só beneficia aos estudantes con discapacidades, senón que enriquece a experiencia de aprendizaxe para todos e todas.

Por último, levaranse a cabo seminarios e obradoiros para todos os asistentes.

Se necesitas máis información ou inscribirte a este xornada, podes facelo no seguinte link – https://forms.gle/JVzxYpZoQShCxHjZA ou enviarnos un correo a colexio@amicos.org / hola@amicos.org ou chamarnos ao 981 865 716.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
LA VOZ DE GALICIA
O BARBANZA.GAL
DIARIO DE AROUSA

 

 

 

 

Para máis información:

T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org