O pasado venres no Acto Anual de Comunicación dos Fondos Europeos en Vilagarcia un total de 18 proxectos aspiraron a facerse cos premios dos fondos da Unión Europea.
A nosa Asociación Amicos comprácese en anunciar a súa participación nos premios outorgados na gala anual dos Fondos Europeos en España, celebrada o pasado venres en Vilagarcia de Arousa. A final contou coa participación de 18 entidades e a nosa entidade atopábase entre unha delas. A pesar da feroz competencia o noso equipo demostrou a súa dedicación, talento e compromiso participando na categoría de #EuropaSeSienteVerde co proxecto Re-Mar “Redución de residuos no Arco Atlántico Galego”, que traballa por e para a concienciación cidadá na conservación dos mares e océanos.

Os 18 proxectos finalistas clasificábanse da seguinte maneira.
Na categoría #EuropaSeSiente Competitiva:
– Incubadora 3D Printing
– Cajamar Innova: In cubadora de Alta Tecnología en Agua
– Valornature: Centro de excelencia en materiales sostenibles avanzados
Na categoría #EuropaSeSiente Verde:
– RE-MAR III: Reducción de residuos en el Arco Atlántico Gallego
– Change Makers: Agentes de Transformación Circular
– VITISAD: Adaptación vitícola al cambio climático
Na categoría #EuropaSeSiente Conectada:
– Pasarela sobre el río Tormes
– Bus Eléctrico Inteligente (BEI) en Vitoria-Gasteiz
– Smart village: Pueblos inteligentes en Extremadura
Na categoría #EuropaSeSiente Social:
– CAPACITATIC+55: Capacitación digital para mayores de 55 años
– INTEGR@TENCIÓN
– UNIDIVERSIDAD
Na categoría #EuropaSeSiente Cercana:
– Cielos de Sierra Morena
– Extensión de banda ancha en municipios de Asturias
– Museos Vivos
E na categoría #EuropaSeSiente NEB:
– Centro de Formación y Emprendimie nto Tormes+
– Pont de Sarajevo, puente verde
– JARCULTUR: Jardines histórico transfronterizos

Na nosa categoría, “Europa se siente Verde”, a gañadora foi VITISAD: Adaptación citícola o cambio climático. Na categoría “Europa se siente Competitiva” Cajamar Innova resultou gañadora. O resto das categorías foron, Conectada, Social, Próxima e Móvete.
Ademais, na edición deste ano fíxose por primeira vez entrega do premio especial ‘Estrela de Ouro’ ao mellor proxecto español cofinanciado con fondos europeos, que acabou en mans de Cajamar Innova.
A pesar de chegar á final, lamentamos non alcanzar o título de gañadores nesta ocasión. Os nosos competidores demostraron ser igualmente impresionantes e merecedores do recoñecemento. Desde Amicos felicitamos aos gañadores pola súa destacada actuación neste acto final. Este logro de chegar a fase final é unha testemuño da dedicación e o esforzo incansable do noso equipo de profesionais e persoas con discapacidade, así como do apoio invaluable dos nosos colaboradores e patrocinadores. Agradecemos sinceramente a todos aqueles que nos alentaron e apoiaron nesta emocionante viaxe.
Aínda que esta competición chega ao seu fin, é importante destacar que o noso compromiso co medioambiente non se termina aquí. Aprenderemos desta experiencia e esforzarémonos por crecer e mellorar en futuras competicións. Estamos ansiosos por enfrontar novos desafíos e perseguir novas oportunidades no futuro.
NOTICIAS EN MEDIOS
DIARIO DE FERROL
DIARIO DO SALNÉS
Para máis información:
T. 981 865 716
M. 658 753 047
hola@amicos.org

