• O noso centro de educación especial de Amicos abriu as súas portas ao público para que coñezan máis de preto o desempeño dos 14 profesionais que traballan día a día co alumnado.
  • Este evento especial foi deseñado para dar a benvida á comunidade local, pais, educadores, traballadores sociais e calquera persoa interesada en coñecer máis sobre o noso centro e os servizos que ofrecemos.

 

 

Na mañá do venres o centro de educación especial Amicos abriu as súas portas para realizar un evento moi especial, a súa II Xornada de Portas Abertas, nesta acción queremos destacar a importancia da inclusión dos estudantes con necesidades especiais no sistema educativo. Amicos esfórzase por crear un ambiente acolledor e adaptativo para cada estudante.

Os visitantes puideron obter unha visión completa das nosas instalacións e recursos, incluíndo aulas adaptadas, áreas de terapia e tecnoloxía especializada que apoia a aprendizaxe dos nosos estudantes.

Os visitantes durante esta xornada tiveron a oportunidade de coñecer as nosas instalacións, interactuar cos nosos profesionais e obter información detallada sobre os nosos programas e comprobar o compromiso e o apoio académico, social e emocional que ofrecemos a cada estudante.

 

 

Algúns dos aspectos destacados na xornada de portas abertas foron:

A presentación dos programas de educación Individualizada, o equipo de profesionais da educación especial ensinaron como abordan as necesidades específicas do alumnado.

Dende o CEEPR explicaron o compromiso coa inclusión, xa que se promove activamente a interacción entre o noso alumnado de educación especial e os seus compañeiros e compañeiras de contornas educativas regulares, dende Amicos sabemos que esta inclusión enriquece a experiencia educativa de todas e todos os estudantes e que promove a comprensión e o respecto mutuo.

 

 

Tamén se deu a coñecer o distintivo Blue School da Unión Europea, grazas o proxecto Re-Mar.

Por último presentouse o Equipo Badaboom, a iniciativa innovadora que proporciona espazos que promoven a actividade física, o xogo activo, a inclusión (deseñando espazos de xogo accesibles para todos e todas independentemente das súas necesidades físicas ou especiais).

 

 

Nuria Fernández, coordinadora do centro de educación especial, comezou expresando o seu profundo agradecemento a todos os visitantes que formaron parte desta xornada tan importante para nos “Sabemos que a educación especial é unha responsabilidade importante, e estamos comprometidos a proporcionar o apoio adaptado as distintas necesidades e ofrecendo unha educación inclusiva onde os seus fillos, familiares ou amigos poidan aprender e prosperar na súa vida diaria”.

Non queremos deixar a oportunidade de inviatalos tamén á II xornada de portas abertas que realizaremos o próximo día 21 de outubro de 11:30 a 13:00h no Centro Integral Amicos en Comoxo, Boiro.

Para obter máis información sobre as nosas iniciativas, non dubide en poñerse en contacto.

 

NOTICIAS EN MEDIOS
O BARBANZA.GAL

 

Para máis información:

T. 981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org