- O centro engalanouse cun gran lazo rosa feito de globos, creado por beneficiarios e profesionais
- Os mozos e mozas do centro realizaron unha serie de actividades informativas e lúdicas sobre o cancro
A sede de Amicos en Comoxo tinxiuse de rosa este xoves, 19 de outubro, con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Ademais, os mozos e mozas realizaron varias actividades para coñecer mellor esta enfermidade e a importancia dunha detección precoz. Tamén se instalou un lazo xigante e repartíronse lazos rosas entre o equipo e os beneficiarios.
Así, a prevención e a detección precoz son vitais. Con isto en mente, un dos talleres de Amicos xirou en torno a esta temática. Os técnicos de desenvolvemento Daisy e Rubén organizaron unha sesión que comezou co visionado duns videos sobre hábitos que poden reducir o risco de cancro de mama, a autoexploración e como se realiza unha mamografía. A continuación, para interiorizar o aprendido, os mozos participaron nun bingo sobre factores que poden reducir o risco de padecelo.
Pero a xornada non só consistiu en actividades informativas, tamén houbo tempo para a creatividade. O mércores a última hora instalouse un lazo rosa xigante no corredor do centro. Este foi creado grazas aos beneficiarios, que foron os encargados de inflar todos os globos necesarios para a súa montaxe.. E o xoves pola tarde, Jasmina e Yassin foron os encargados de repartir os lazos rosas entre os seus compañeiros e o equipo do centro.
O cancro de mama
Un estudio da Sociedade Española de Oncoloxía Médica estima que neste ano 2023 serán diagnosticados en España uns 35.001 novos casos de cancro de mama, converténdose así no segundo cancro máis diagnosticado entre a poboación, só por detrás do cancro de colon e recto. Sen embargo, este si é o máis común entre mulleres e estímase que 1 de cada 8 mulleres desenvolverá este tipo de enfermidade ao longo da súa vida, segundo datos do Grupo Español de Investigación en Cancro de Mama. Por iso, a súa prevención e detección precoz é vital.
Para máis información:
T. 981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org