- Máis de 53 centros escolares, de día e ocupacionais participaron na iniciativa cuns deseños do máis arrepiantes
- Os usuarios de Facebook puideron votar polo seu favorito ata o domingo 5 de novembro
Como xa é tradición, Amicos celebrou este Samaín unha nova edición do seu Concurso de decoración de portas terroríficas, que se converteu un ano máis nun éxito de participación. Este ano, un total de 53 centros escolares, de día e ocupacionais animáronse a engalanar as súas portas e a participar neste concurso. Se ben todas foron do máis creativas e aterradoras, o público de Facebook nomeou como gañadora a decoración da aula de 1ºA de Primaria do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro de Lousame.
Os cativos e cativas desta clase apostaron por un deseño no que as caveiras foron as protagonistas, e co que conseguiron un total de 389 votos, o que lles garantiza un premio do máis especial.
Se ben a temática do concurso era o Samaín e, por tanto, o terror foi o tema principal, os participantes botaron man de toda a súa creatividade con deseños protagonizados por bruxas, morte, catrinas mexicanas, monstros, fantasmas ou cemiterios malditos. Unha gran mostra de toda a variedade de ideas que poden xurdir en torno a este tema.
Os grupos que participaron nesta edición pudieron enviar as súas composicións ao correo electrónico de Amicos ata o luns, 30 de outubro, mentras que os usuarios de Facebook foron os encargados de escoller a porta gañadora votando pola súa favorita entre o 1 e o 5 de novembro.
Se ben só hai un gañador, dende aquí queremos poñer en valor o traballo de cada un dos grupos que se animaron a decorar as súas portas e a participar no concurso, posto que todas as portas foron exemplo de imaxinación e creatividade.
NOVAS EN MEDIOS
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org