• A idea pasará á fase de apoio adicional, que consiste en soporte financeiro e asesoramento integral para a súa posta en marcha
  • ‘O Noso Reto Solidario’ está impulsado por Fundación Amicos, Fundación Roberto Rivas e Fundación Botín co obxectivo de apoiar ideas de impacto social e ambiental
  • Das catro ideas desenvolvidas no marco do programa, a seleccionada finalmente foi o produto de economía circular Terra Mare creado por Orixe Salgado

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela foi o lugar escollido para celebrar este martes, 14 de novembro, o acto de presentación de proxectos finais da iniciativa ‘O Noso Reto Solidario’. Dos cuatro proxectos presentados, Orixe Salgado foi o elixido polo comité para recibir apoio para a súa posta en marcha no marco desta iniciativa, impulsada por Fundación Amicos, Fundación Roberto Rivas y Fundación Botín.

 

 

Despois de sete meses de traballo, a mañá deste martes chegou o momento de que os participantes de ‘O Noso Reto Solidario’ presentaran os seus proxectos ante un comité de profesionais das áreas de economía social, emprego e emprendemento. Tras unha sesión de presentación de casi dúas horas, o xurado designou ao proxecto de Orixe Salgado como o gañador desta primeira edición do programa.

A iniciativa está baseada na creación de produtos de economía circular coas algas galegas como materia prima. A súa principal elaboración sería Terra Mare, un artigo que intenta dar resposta a días problemáticas locaies: o exceso de algas nas costas galegas e a alta demanda dun produto ecolóxico que na actualidade as empresas galegas importan na maioría.

O proxecto gañador competía con ideas como Abraio, deseñada por Alén S. Coop. Galega, unha plataforma web que xira en torno a oferta de actividades turísticas responsables e inclusivas; Meet Rural, plataforma dixital destinada a incrementar a cooperación entre campo e cidade, creada polas emprendedoras Sandra Fontinha e Lucía Prado. E Lo rural mola, un proxecto de economía social desenvolto polo Instituto da Familia & Abundanthia co obxectivo de incrementar a actividade e poboación nas zonas rurais galegas.

O final do evento estivo marcado pola proclamación do gañador. Se ben Pablo Fernández, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia e portavoz do xurado, declarou que a selección estivo moi igualada e quixo sublimar o traballo e a calidade dos proxectos presentados, o que finalmente conseguiu o capital semente foi Orixe Salgado co seu produto Terra Mare. Este recibirá un apoio adicional para ser posto en marcha. Este impulso consistirá nun mínimo de 6.000 euros de capital semente, apoio xurídico para determinar o marco da colaboración e apoio no asesoramento e desenvolvimento tecnolóxico.

 

 

O Comité Evaluador

O xurado encargado de seleccionar os proxectos desenvolvidos ao abeiro desta iniciativa estivo formado por Pablo Fernández, secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Farrah Lisa Meghazi, subdirectora xeral de Economía Social, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; Mar Pernas, responsable de Relacións Institucionais da Unión de Cooperativas Espazo Coop; María Bastida, profesora titular e investigadora da Área de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela; Marta Rey, profesora titular da Área de Comercialización e Investigación de Mercados e directora da Cátedra Sostenibilidade INDITEX da Universidade da Coruña y Ramón Vallés, director do Centro Territorial de Galicia de RTVE.

Tamén asistiron ao acto os mentores que acompañaron aos participantes durante todo o proceso, e que pertenecen ás tres fundacións impulsoras de O Noso Reto Solidario. Eles son Javier García Cañete, director de Programas da Fundación Botín, Olga Rivas, directora da Fundación Roberto Rivas, e Xoán España, director xeral da Asociación Amicos.

 

 

O Noso Reto Solidario

É un programa lanzado a comezos de 2023 por Fundación Amicos, Fundación Roberto Rivas y Fundación Botín, dirixido a organizacións sen ánimo de lucro, figuras da economía social, empresas sociais, e emprendedores con ideas susceptibles de ter un impacto social ou ambiental, e dispostos a desenvolvedla en colaboración con outras asociación para lograr a súa viabilidade práctica e económica.

Máis información de O Noso Reto Solidario en: https://onosoretosolidario.org/

 

NOVAS EN MEDIOS

EL CORREO GALLEGO

O BARBANZA

DIARIO DE AROUSA

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047

hola@amicos.org