- A festa contou con castañas asadas, música, baile e varias actividades lúdicas
- Nela participaron os amicos e amicas do centro de día, o centro de atención temperá e o equipo da asociación
En Galicia non se entende un novembro sen o magosto. E esta gran tradición castañeira reflíctese tamén en que a castaña galega sexa a única en España con indicación xeográfica protexida. Así, para celebrar esta tradicional costume, Amicos celebrou o seu magosto un ano máis con castañas asadas, música, baile e varias actividades lúdicas.
As instalacións do centro de atención integral de Boiro acolleron a tarde deste xoves, 16 de novembro, o magosto de Amicos. Deste modo, a principal atracción da festa, que comezou arredor das 15.00 horas e alongouse durante toda a tarde, foi unha máquina de asar castañas das que adoitamos ver polas rúas galegas.
Con motivo da celebración, no centro reuníronse os beneficiarios do centro de día, os amicos e amicas do centro de educación temperá e o equipo da asociación. Todos eles degustaron unhas saborosas castañas ao tempo que desfrutaban da música, o baile e actividades como a pintura facial.
Ademais, durante os primeiros días desta semana, todos os mozos e mozas do centro botaron man da súa creatividade para crear unhas caixas personalizadas como alternativa aos típicos cornetes. Estas contaban con dous compartimentos separados, nos que gardar nun lado as castañas asadas e no outro as cascas.
NOVAS EN MEDIOS
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org