• Ofértanse un total de 100 prazas para mulleres, con ou sen discapacidade, nos sectores de comercio, atención ao cliente, habilidades sociais e almacén
  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de xaneiro.

 

A Asociación Amicos organiza unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), cunha oferta de cen prazas dirixidas a mulleres desempregadas con ou sen discapacidade, así como mulleres menores de 30 anos con baixa cualificación profesional. A iniciativa, que se desenvolverá durante un ano, estará enfocada nos sectores de comercio, atención á clientela e desenvolvemento de habilidades sociais, así como funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.

O programa ofrece ás participantes información, orientación e asesoramento na busca de emprego. Asemade, as beneficiarias recibirán formación e apoio mediante técnicas e obradoiros, habilidades sociolaborais, movilidade laboral. Así como prospección empresarial e prácticas profesionais non laborais en empresas do sector conserveiro, como Jealsa, de distribución alimentaria, como Vegalsa-Eroski ou Gadisa, ou en pequeno e mediano comercio da zona do Barbanza.

Este tipo de iniciativas ten como obxectivo a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións formativas, prácticas non laborais e mediación coas empresas. Neste caso, o PIE impulsado por Amicos abarca aos concellos Noia, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Boiro. Así, o programa contará cun total de 100 prazas nas que se diseñará un itinerario formativo personalizado para cada unha das participantes.

Se ben os Programas Integrados de Emprego teñen o compromiso de acadar como mínimo a inserción laboral do 35% dos participantes, polo xeral estos adoitan alcanzar arredor do 40%. No caso de Amicos, este dato sube ata o 55% de inserción, posto que nas tres edicións anteriores, das 360 persoas atendidadas polo equipo de emprego da asociación, arredor de 200 foron insertadas.

Para inscribirse é necesario anotarse enviando un correo electrónico a programaintegrado@amicos.org ou mediante o teléfono 672 745 058. O prazo permanecerá aberto ata o día 12 de xaneiro. Os Programas Integrados de Emprego están financiados pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, polo que as participantes poderán percibir unha axuda de mínimo dez euros por cada acción na que interveñan.

 

 

NOVAS EN MEDIOS

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE AROUSA

 

Para máis información:

  • 981 865 716
  • 658 753 047

hola@amicos.org