• Baixo o título ‘Coñece todo sobre os ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible’ o obxectivo é divulgar de forma lúdica as metas establecidas polo ONU
  • O proxecto ‘DINAMIZA: Acciones inclusivas para la dinamización de los Objetivos de Desarrollo Sostenible en Galicia, Andalucía y Extremadura’, impulsado por Amicos coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030

A Asociación Amicos realizou a pasada semana en Padrón e Rois dous workshops baixo o título ‘Coñece todo sobre os ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible’ co obxectivo de divulgar de forma lúdica estas 17 metas establecidas polo ONU entre a poboación local. As accións contaron coa participación de máis dunha vintena de persoas, que descubriron os ODS da man dos axentes dinamizadores e amicos Manuel Prado, Macarena Fernández e Carmen Piñeiro. Estas sesións están englobadas no proxecto ‘DINAMIZA: Acciones inclusivas para la dinamización de los Objetivos de Desarrollo Sostenible en Galicia, Andalucía y Extremadura’, impulsado por Amicos coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

 

 

O primeiro dos workshops realizouse no Centro social de Padrón a tarde deste luns, 18 de decembro, mentras que o mércores 20 pola mañá, en horario de 11.00 a 13.00 horas, foi a quenda do municipio de Rois. Neste último participaron os 15 mozos e mozas que asisten ao curso Confección e publicación de páxinas web do Programa de Emprego Xuventude Terras de Iria 2023.

Estas sesións comezaron da man de Sonia Fuentes, psicóloga e coordinadora de centros de Amicos, e a amica Macarena Fernández, que realizaron unha breve presentación da actividade de Amicos e como esta se adapta aos 17 ODS e a Axenda 2030, así como unha explicación dos mesmos. A continuación, os encargados de achegarlles aos asistentes a labor e actividades medioambientais dos amicos e en que consiste o emprego verde foron o responsable de Properdis, empresa promotora das Ecobrigadas Properdis, Keltoi Cameán, e o amico Manuel Prado.

De seguido, os axentes dinamizadores Manuel Prado, Macarena Fernández e Carmen Piñeiro foron os encargados de conducir aos participantes nos tres xogos adaptados: un bingo, Pasapalabra e o xogo da Oca ODS con preguntas. Todos eles deseñados e adaptados dentro de Dinamiza para divulgar mediante xogos e accións lúdicas en que consisten os ODS.

Dende que o proxecto Dinamiza botou a andar, realizaronse varias actividades dirixidas á poboación xeral. Así realizaronse máis de 9 xornadas informativas dirixidas á poboación local en Andalucía, Extremadura e Galicia, ás que asistiron máis de 1.000 persoas.

 

 

Proxecto Dinamiza

O obxectivo do proxecto ‘DINAMIZA: Acciones inclusivas para la dinamización de los Objetivos de Desarrollo Sostenible en Galicia, Andalucía y Extremadura’ é dar a coñecer os 17 ODS e a Axenda 2030 a través de accións inclusivas de formación, sensibilización e recoñecemento de boas prácticas destinadas á comunidade educativa, ao tecido empresarial e asociativo e á poboación local. O seu radio de acción son as comunidades autónomas de Andalucía, Extremadura e Galicia

Ata o momento organizáronse o seu abeiro 3 formacións dirixidas a persoas con discapacidade intelectual, nas que se prepararon máis de 30 persoas como axentes dinamizadores das ODS. Asemade, elaboráronse distintas metodoloxías e xogos para a divulgación dos ODS.

No tocante ao tecido empresarial, elaborouse unha guía destinada a empresas para o cumplimento deste obxectivos destinada a empresas, así como obradoiros participativos nos que se contou coa participación de representantes de varios negocios e entidades sociais.

Outro dos principais ámbitos de actuación desta iniciativa é o educativo. Así, realizaronse máis de 15 xornadas baixo o título ‘A inclusión como motor de cambio nas escolas’, nas que non só se fixeron partícipes aos máis cativos de que son os ODS, tamén se buscou establecer espazos máis inclusivos.

Por outra banda, a través destas accións preténdese fomentar un papel activo das persoas con discapacidade intelectual na sociedade mediante unha formación que os leve a liderar retos e iniciativas, así como mostrar a nivel social a necesidade de ofrecer apoios e fomentar a accesibilidade real para que a sociedade chegue a ser inclusiva.

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org