• A iniciativa busca promover a nivel estatal este tipo de organizacións locais sen ánimo de lucro para fortalecer as comunidades mediante a colaboración
  • O prazo de inscrición remata o próximo 29 de febreiro
  • Haberá dúas sesións telemáticas informativas o 17 de xaneiro e o 7 de febreiro para resolver dúbidas referentes ao proxecto

 

A Asociación Española de Fundacións (AEF) pon en marcha a V edición do seu Programa de Apoio á Creación de Fundacións Comunitarias, a través do que busca promover a nivel estatal este tipo de organizacións locais sen ánimo de lucro que logran fortalecer as comunidades nas que traballan a través da colaboración e a mobilización e canalización de recursos. O prazo de inscrición remata o xoves 29 de febreiro. Os interesados poden asistir ás sesións informativas que se realizarán vía zoom os días 17 de xaneiro e 7 de febreiro, previa anotación na páxina web do proxecto.

Ao abeiro deste programa, os grupos participantes contarán nun primeiro momento con acompañamento, apoio e formación adaptada á realidade das fundacións comunitarias, en especial ao ámbito da recadación de fondos e a obtención de recursos locais. Tamén participarán en eventos e visitas de estudio, tanto a nivel nacional como internacional, para coñecer de primeira man o funcionamento deste tipo de entidades.

Unha vez constituída a Fundación Comunitaria (FC), a AEF cofinanciará os gastos de funcionamento do primeiro ano de actividade da mesma ata un máximo de 15.000 euros. A través deste tipo de entidades, que estimulan a filantropía e a solidariedade local, búscase conseguir cambios sociais de largo impacto.

O proxecto está dirixido a persoas, asociacións, fundacións, empresas e entidades empresariais privadas ou de economía social. Os interesados poden inscribirse para participar nas sesións telemáticas informativas que terán lugar o mércores, 17 de xaneiro, de 18.30 a 19.30 horas, e a mañá do xoves 7 de febreiro, de 9.30 a 10.30 horas. Nelas resolveránse dúbidas sobre a convocatoria e como se desenvolverá o programa.

 

Fundacións Comunitarias

Dende a asociación apuntan que o modelo de Fundacións Comunitarias está en crecemento a nivel mundial, posto que na actualidade existen máis de 2.000 entidades deste tipo que canalizan ao ano máis de 5.000 millóns de euros. Se ben todas teñen os seus aspectos diferenciadores ao adaptarse aos distintos contextos socioculturais das comunidades nas que xorden, todas comparten uns obxectivos comúns: a procura de solucións conxuntas aos problemas colectivos, así como o aproveitamento de oportunidades.

A nivel xeral, as FC transforman as comunidades actuando dende tres frontes. En primeiro lugar, ao aportar e canalizar recursos tanto financeiros como doutros tipos ás entidades locais, ao tempo que fortalecen e promoven a solidariedade nas comunidades mediante un liderado estratéxico, inclusivo e estable que se extende no tempo. Outro dos aspectos vitais destas son a creación de fondos patrimoniais para realizar inversión social na comunidade, punto clave para o crecemento local.

 

Asociación Española de Fundacións

Neste senso, a directora de Relacións Internacionais e Fundacións Comunitarias da Asociación Española de Fundacións, Rosa Gallego, afirma que “as Fundacións Comunitarias son unha ferramenta de transformación social con enfoque territorial que canalizan recursos para traballar dende a comunidade pola comunidade. En España xa hai nove FC, e esperamos alcanzar as quince antes de que remate 2025”.

Así, defende que dende a asociación “cremos que este programa da AEF é tremendamente útil para o crecemento e consolidación deste modelo filantrópico”. A súa eficacia reside na construción de alianzas estratéxicas apoiadas na colaboración cos distintos actores do tecido social local, así como na xestión honrada de recursos comunitarios e o traballo para solucionar as cuestións relevantes do día a día.

Este Programa de Apoio á Creación de Fundacións Comunitarias está impulsado pola AEF, e conta coa colaboración das fundacións Charles Stewart Mott de EE.UU., a hispano-francesa Daniel e Nina Carasso, e Porticus, con sede nos Países Baixos. Para máis información pódese visitar a páxina web do proxecto, onde están dispoñibles as bases do mesmo, así como os requisitos e os pasos para completar o proceso de inscrición.

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org