- O obxectivo do proxecto é ofrecer aos participantes ferramentas, prácticas e apoios para que poidan dar o salto a unha vida máis autónoma
- A iniciativa está organizada pola Fundación Amicos, e conta co financiamento da Fundación ‘la Caixa’
A Fundación Amicos impulsa o proxecto ‘Fomento da vida independente’, financiado pola Fundación ‘la Caixa’, a través do que busca facilitarlle unha serie de ferramentas e apoios ás persoas con discapacidade, en especial as que residen no rural, para que poidan dar o salto a unha vida máis autónoma. No marco da iniciativa estanse a organizar unha serie de obradoiros para potenciar hábitos de vida saudable e labores do día a día. Estes desenvolverse ao longo da primeira metade deste ano.
Así, os amicos e amicas participan en talleres de cociña, lavandería, hábitos de vida saudable, compra no supermercado e actividades prácticas no piso escola de Ribeira. A través destas actividades familiarízanse coa práctica de tarefas como limpeza do fogar, recetas de alimentación saudable, intercambio monetario no comercio, compra de produtos de primeira necesidade, práctica de deporte suave, etc.
Este programa está especialmente dirixido a persoas con discapacidade que residen no rural, entorno no que se multiplican os obstáculos para conseguir independizarse. Por iso, tamén se traballa para ofrecerlle aos participantes ferramentas personalizadas para mellorar as súas opcións laboráis e favorecer a toma de decisións dos amicos e amicas, en vista da súa situación persoal, traballando dentro do entorno natural e local de cada persoa para favorecer a súa participación na comunidade.
Con isto en mente, a iniciativa céntrase na formación e capacitación para o desempeño laboral dos beneficiarios/as, o apoio para a súa inserción laboral, ao tempo que se fomenta a participación social e o seu benestar emocional.
Neste senso, ‘Fomento da vida independente’ apóiase na realización de intervencións personalizadas nas que os beneficiarios traballen en contacto directo cunha rede de profesionais que os apoien na adquisición de habilidades para a vida diaria e a autonomía, a xestión de apoios e a autoestima, potenciando en todo momento a toma de decisións.
Así, as primeiras sesións centráronse en traballar cos beneficiarios/as e as súas familias para identificar as súas necesidades de apoio. Ao longo de varios meses, os técnicos e técnicas organizaron sesións individualizadas cos amicos e amicas para identificar con eles a ruta a seguir en cada caso, e definir os obxectivos que queren acadar coa súa participación.
Tamén se realizaron sesións nas que participaron membros da rede social dos mozos e mozas, formada por familiares e amigos, para promover que a rede de apoio de cada participante o/a acompañe no proceso de deseño e alcance dos seus obxectivos de vida.
A través do programa, a Fundación Amicos pretende apoiar a autonomía das persoas con discapacidade, dotándoas das ferramentas necesarias para dirixir a súa vida, identificar e prever situacións prexudiciais, manter e mellorar as súas relacións familiares e sociais, identificar e promover hábitos de vida saudables e orientar sobre as axudas e apoios que ofrecen os organismos público e privados en vista de cada caso individual. Aspectos que garanten o éxito na independencia deste usuarios ao apoiarse nunha rede de apoio forte, composta por amigos, familiares e profesionais da saúde.
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org