• A iniciativa posta en marcha polo colexio Marcos del Torniello busca “salvar o planeta” a través de retos colaborativos nos que participa o alumnado, familias e tecido social do barrio
  • As cativas e cativos do CEEPR Amicos axudaron aos planetarios asturianos a conseguir quilómetros para moverse polo planeta

O curso 2017/2018 foi o punto de partida temporal do programa Los Planetarios. Unha aventura deseñada como xogo de rol polo departamento de Educación Física do Colegio Público Marcos del Torniello de Asturias. O obxectivo é que o alumnado salve o planeta a través de retos cooperativos relacionados co deporte e a ecoloxía.

Lucía García, profesora da materia de Educación Física, inspirouse na serie ‘Capitán Planeta e os planetarios’ para deseñar esta acción. Ela mesma nos conta que o programa axudou a fomentar entre os participantes unha forte conciencia ambiental e de traballo en equipo. Isto favoreceu que resultase todo un éxito dende o seu inicio.

 

Os Planetarios

A iniciativa tivo como temática no seu primeiro ano ‘A volta ao mundo en 180 días’, á que seguiron outras distintos temas sobre a natureza e o cosmos. Nesta ocasión, o xogo xira arredor de ‘O regreso das emocións’. Así, o malvado Doutor Trash agochou estas na Torre de Hércules, polo que o cole tivo que resucitar ao gran Houdini para que lles axude a poñelas a salvo lonxe deste perigoso villano. Ata o de agora, as e os planetarios xa recuperaron a valentía e a admiración. Pero aínda queda moito traballo por facer.

 

 

 

 

A actividade sempre consiste nun gran obxectivo, ao que se chega a través da consecución de distintos pequenos retos. Estes poden ser desafíos medioambientais, de alimentación saudable, actividade física, etc. Así, os cativos e cativas levan seis anos salvando o planeta dos malévolos plans do Doutor Trash.

E como bos súper heroes e súper heroínas, ata contan cun uniforme propio: camisetas moi chulas que utilizan para cumprir os retos. O proxecto dos Planetarios non só conta coa participación do alumnado e o equipo do cole. Inclúe a participación das familias, asociacións e axentes e veciños do barrio. E este curso, tamén conta co apoio e a axuda da área de Pekes de Amicos.

 

Axudamos a salvar as emocións

Este curso a área de Pekes da Asociación Amicos está axudando ao C.P. Marcos del Torniello a conseguir rematar con éxito unha nova aventura planetaria.

Nesta ocasión, as cativas e cativos do CEEPR de Amicos axudaron ao alumnado do colexio asturiano a conseguir os quilómetros necesarios para chegar ata a muralla china. Isto permitiulles poñer a salvo a emoción da admiración. Para isto, os pekes practicaron moita actividade física, tanto camiñadas como natación e recreos sobre rodas. En total, aportaron case 810 quilómetros.

Pero este non foi o único reto no que aportaron o seu grao de area dende Oleiros. As nenas e nenos do CEEPR tamén axudaron a alimentar ao gran dragón chino, co consumo de sete quilos de froita nun dia!

 

 

Amicos en Asturias

Pero non todo é cumprir retos, tamén quixemos aportar algunha idea para incrementar a aventura. Dende a área de Pekes tamén lanzaron unha misión para os nenos e nenas do cole asturiano: formar a palabra Amicos con plantas.

E o cole de Avilés enseguida se lanzou a cumprir coa misión. Tanto o alumnado como o equipo do colexio e as familias puxéronse mans á obra para acadar o obxectivo. E tanto que o conseguiron! Así, axudaron a que Amicos chegase da forma máis florecente imaxinable ata o patio do colexio.

Moita sorte planetari@s!! Dende Amicos apoiamosvos para que consigades salvar as emocións con éxito!

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org