- O espazo destinarase ao apoio e formación de persoas con discapacidade
- O proxecto de ampliación conta coa colaboración da Deputación da Coruña
Este mes de abril rematan as obras de ampliación do centro de día da nosa asociación. Xa só quedan uns días para que os beneficiarios e o equipo da entidade poidan estrear uns espazos que se destinarán ao apoio e formación de persoas con discapacidade.
Unha parte destas novas instalacións acollerán as accións que se desenvolven no centro referentes a promoción da autonomía e empregabilidade de mozos e mozas. Ao mesmo tempo, tamén se realizarán neste espazo as actuacións dirixidas a previr, protexer e fomentar os dereitos da infancia.
Pola súa banda, os espazos de traballo será onde desenvolvan a súa labor o equipo das áreas de Alianzas con Persoas & Empresas, que engloba os departamentos de formación e emprego, e Transformación e Fundraising.
As Ecobrigadas de Obras
Esta ampliación foi posible grazas ao traballo da Ecobrigada de Obras, que foi a encargada de acometer gran parte das tarefas de acondicionamento. Asemade, tamén se contou coa colaboración da Deputación da Coruña a través do financiamento do proxecto.
O resultado da súa labor é un espazo que segue a estética do resto do centro. Un concepto aberto, natural e ordenado que favorece a comodidade e a conexión entre todos os membros da familia de Amicos.
Por outra banda, agradecemos tamén a colaboración da Xunta de Galicia e da Fundación ONCE.

Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org


