• Amicos participa na IV Xornada para Intercambio de Experiencias entre o  Persoal dos Parques Naturais de Galicia.

 

Este mércores, 5 de xuño, conmemórase o Día Mundial do Medioambiente. E en Amicos celebrámolo participando na IV Xornada para Intercambio de Experiencias entre o Persoal dos Parques Naturais, que se celebrou no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O evento foi organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

A xornada contou coa intervención dos membros da Ecobrigada de Amicos, que realizaron unha demostración de eliminación de especies invasoras no entorno do Centro de Recepción de Visitantes “Casa da Costa”. En concreto, amosaron a retirada da especie exótica invasora Conyza canadensis, que adoita medrar nos bordos dos camiños e estradas.

 

 

 

 

Nestes últimos dous anos de actuación, a Ecobrigada de Amicos interveu en máis de 50 hectáreas, retirando máis de 2 toneladas de especies invasoras no entorno do Parque Natural de Corrubedo e tamén nos Parques Nacionais das Illas Atlánticas de Galicia.

Ademais, os membros de Amicos, a través dos equipos de Remar e Dinamiza ODS, levaron a cabo máis de 259 sensibilizacións medioambientais nos últimos dous anos, como formacións en ODS, xogos relacionados con mar , eliminación de residuos en praia e repoboamento forestal. Estas actividades lograron sensibilizar  a máis de 5000 nenos sobre a importancia de coidar o medio ambiente, loitar contra a basura mariña e contribuír o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030.

 

 

 

 

O acto contou coa participación de destacadas autoridades como María Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia; Jose Antonio Fernández Bouzas, Director Conservador Parque Nacional MT Islas Atlánticas de Galicia en Xunta de Galicia; Antonio Rodríguez, Xefe de servizos dos Parque Nacionais de Galicia; e Mª Herminia Pouso Maneiro, Concelleira Delegada de Economía e Facenda do Concello de Ribeira.

Tamén estivo presente Xoan España, Director Xeral de Amicos, quen destacou a importancia destas iniciativas para a conservación do noso patrimonio natural e a educación ambiental.

 

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org