- O proxecto está coordinado pola asociación italiana Lunetica (BRA) coa colaboración de Amicos, e cofinanciado polo programa Erasmus+
- Busca promover promover o apoderamento da xente nova a través da aprendizaxe entre iguais en grupos inclusivos
A nosa asociación colabora dende fai uns meses no novo proxecto Imagine!, ao abeiro do programa Erasmus+. Liderado pola cooperativa italiana Lunetica, o obxectivo é promover o apoderamento da xente nova a través da aprendizaxe entre iguais en grupos inclusivos.
No marco desta iniciativa, dende outubro os distintos membros estivemos a intercambiar as boas prácticas de cada organización a través de formacións online. Nestas aprendemos sobre a Educación PE e os Proxectos Centrados na Persoa, enfocados nun modo de vida saudable, e sobre metodoloxías que se aplicarán na seguinte etapa do programa.
Para iso, desenvolveremos no próximo curso numerosos pensadoiros, que serán o punto de partida para promover a formación de grupos xuvenís participativos. Neste senso, o martes 4 de xuño despedimos co alumnado do IES A Cachada os pensadoiros realizados neste curso que finaliza. Así, estas acción conseguen chegar e conectar coa rapazada.
A través destas sesións, Imagine! busca fomentar o co-deseño de actividades referentes a activismo ambiental , ocio, aprendizaxe… que sexan do interese dos propios mozos e mozas, para que as leven a cabo. Todo elo dirixido a favorecer o fomento da autoestima e a autorealización, ao tempo que os participantes aprenden habilidades para a convivencia pacífica, a tolerancia, e a vida democrática e participativa.
Este proxecto está coordinado pola asociación italiana Lunetica (Bra) e cofinanciado polo programa Erasmus+ no marco dos consorcios a pequena escala (KA210).
Para máis información:
981 865 716
658 753 047