• Formarase a 10 persoas con discapacidade intelectual e permitirá a creación de polo menos catro postos de traballo.
  • A formación conta co apoio de Fundación Once Inserta emprego e terá lugar en Pontevedra, cunha duración de 100 horas, das cales 40 horas serán prácticas.

 

A Asociación Amicos inicia un novo curso de apoio e formación para Persoas con Discapacidade Intelectual co apoio de Fundación Once Insertal. Este curso de “Actividades de orientación e desenvolvemento no medio” ten como obxectivo principal capacitar adecuadamente aos participantes para a súa integración no mercado laboral, á vez que se proporciona atención ocupacional-rehabilitadora.

 

 

 

 

Nos últimos anos, observouse un incremento significativo no número de visitantes a contornas naturais. Con esta formación, búscase que as persoas formadas poidan desempeñar tarefas de ordenamento e control de visitantes, brindar información sobre os diversos recursos e lembrar a obrigatoriedade do cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

O curso permitirá a creación de polo menos catro postos de traballo recorrentes, promovendo a inclusión de persoas con discapacidade no sector do turismo sostible, un nicho de mercado en auxe. Isto non só contribuirá á inclusión social e laboral destas persoas, senón que tamén dará visibilidade e notoriedade ao colectivo.

A formación se levará a cabo nas instalacións de Ara Formación en Pontevedra e contará cun total de 100 horas, das cales 40 horas serán de prácticas. Dez persoas participarán neste curso, que foi inaugurado por Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas da Asociación Amicos, e Isaura Bouzón, consultora de Fundación Once – Inserta Empleo.

Durante a presentación, Miguel Beiro expresou: “Queremos animar aos participantes para aproveitar esta oportunidade única para desenvolver as súas habilidades e contribuír activamente na sociedade. Este curso é un paso importante cara á inclusión e o recoñecemento das capacidades de cada individuo”.

 

 

 

 

NOVAS EN MEDIOS

O BARBANZA

FARO DE VIGO

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org