- Moz@s da nosa entidade conduciron a actividade como dinamizadores ODS, e lograron captar a atención e o interese dos máis de 200 escolares, facilitando unha experiencia educativa e inclusiva.
- O proxecto ‘ENCE Impulsa ODS’ conta coa colaboración do Plan Social ENCE Pontevedra, unha iniciativa que apoia proxectos e accións sociais en toda a rexión.
Esta mañá, máis de 200 escolares de primaria do CEIP Xunqueira 2 foron os protagonistas dunha xornada educativa centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Esta actividade, que forma parte do proxecto ‘ENCE Impulsa ODS’, posto en marcha pola nosa entidad co apoio do Plan Social ENCE Pontevedra, comprometido co desenvolvemento sostible e o benestar da comunidade.
Xogo e sensibilización: combinación gañadora
O evento destacou pola súa metodoloxía innovadora, que utilizou o xogo como ferramenta clave para a aprendizaxe. A través de actividades lúdicas e educativas, os nenos aprenderon sobre a reciclaxe e a importancia dos ODS dun xeito práctico e divertido. Esta combinación permitiu que os escolares interiorizasen conceptos fundamentais sobre sustentabilidade e inclusión, ao mesmo tempo que disfrutaban dunha experiencia dinámica e enriquecedora.

Experiencia inclusiva e enriquecedora
Os encargados de dinamizar as actividades foron algúns dos nosos mozos e mozas, que conseguiron captar a atención dos nenos, garantindo unha experiencia educativa e inclusiva. Esta iniciativa non só buscou sensibilizar aos máis pequenos sobre a importancia de coidar o medio ambiente, senón tamén fomentar unha actitude proactiva para o cumprimento dos ODS.
Ence Impulsa ODS
María José, técnica do desenvolvemento da entidade, expresou que “estamos moi contentos de ver o entusiasmo dos nenos nestas actividades. É fundamental que desde tan pequenos comprendan a importancia dos ODS e como poden facer unha diferenza”.
Patricia Acuña, profesora de 1° Primaria no CEIP Xunqueira II, tamén resaltou o impacto positivo da xornada: “O compromiso dos escolares e a súa participación nas actividades demostra que a educación en sustentabilidade pode ser divertida. Enchenos de orgullo ver como os máis novos adoptan hábitos responsables e convértense en axentes de cambio”.
A xornada, apoiada polo Plan Social ENCE Pontevedra, representa un importante paso cara a un futuro máis sostible, consciente e inclusivo. A través de iniciativas como esta, concienciamos ás novas xeracións o valor da sustentabilidade e a necesidade de actuar para lograr un mundo mellor para todos.
Para más información:
981 865 716
658 753 047


