• Este domingo achegámonos á duodécima edición dun dos festivais con máis alma do panorama galego
  • @s moz@s desfrutaron do concerto do grupo toledano Veintiuno

 

Este domingo, 25 de agosto, os nosos amicos e amicas percorreron os cerca de cen quilómetros que separan Boiro de Boimorto para asistir a un evento do máis especial: o Festival da Luz.

Durante a tarde, achegámonos á duodécima edición dun dos festivais con máis alma do panorama galego. Javier cóntanos que “fomos a Boimorto Está lonxe, pero leveino ben, non me aburrín polo camiño. E bailei moito”.

Alí puidemos desfrutar da actuación do grupo Veintiuno, que resultou ser unha agradable sorpresa para moitos dos nosos mozos e mozas. Ramiro, por exemplo, non os coñecía antes de asistir ao seu concerto. Pero despois de escoitar algúns dos seus temas en vivo, converteuse nun dos seus favoritos.

Cando lle preguntamos a Martín sobre o tema, non dubida en afirmar que “gustoume moito o concerto, pasámolo ben e sacámonos fotos. Encantoume, para o ano que ven gustaríame volver”.

Este é o segundo ano que se achegan ao evento. Adriana destaca que en ámbalas dúas edicións, unha das cousas que máis lle gustou foi a estética “había palla, millo… e tamén postos de comida e de artesanía. O que máis me gustou foi que había moita xente, pasámolo xenial”.

Gustaríanos agradecer a invitación do grupo Gadisa, un dos patrocinadores de festival. Grazas a eles @s amic@s desfrutaron dunha tarde inolvidable nun festival marcado pola inclusividade e a alegría.

 

 

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org