• Amicos foi os galardoados na categoría Entidade Social
  • Este premio busca recoñecer e promover a labor social e de voluntariado no municipio

 

O Pazo de Goiáns acolleu a tarde deste venres, 6 de setembro, o acto de entrega dos premios Distintivo Benestar Social. Nesta III edición, Amicos fomos os galardoados na categoría Entidade Social.

As encargadas de recoller este premio en nome da entidade foron Digna Iglesias, a vicepresidenta da asociación, e Adriana Miguéns, amica do Fogar Amicos. Un recoñecemento que agradecemos de corazón e que nos serve de impulso para continuar co noso labor con máis gañas aínda.

 

 

 

Entre os premiados desta edición atópanse tamén Carlos Mora Eiras en Superación e Exemplo; Elizabeth Caballero Reyes en Sector Empresarial; a Federación Galega de Persoas Xordas (FAXPG) en Méritos Extraordinarios, e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

Un distintivo que recoñece o labor social

O Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro naceu no ano 2022 coa finalidade de recoñecer e promover a labor social e de voluntariado no municipio, premiando a persoas, entidades ou empresas que destaquen polas accións realizadas en beneficio da cidadanía.

 

NOVAS EN MEDIOS
O BARBANZA

DIARIO DE AROUSA

LA VOZ DE GALICIA

 

Para máis información:

981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org