- O acto de entrega estivo conducido por Xoán Allegue, presidente de Bodegas Martín Códax, e por parte de Amicos participaron Yassin El Aamry, usuario do Fogar Amicos, e Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas da entidade
- A doazón ascende a un total de 9.848 euros, recadados durante o concerto de Sumrrá & Niño de Elche celebrado na Terraza da adega
Este mércores, 18 de setembro, o noso amico Yassin El Aamry, usuario do Fogar Amicos, e Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas, acudiron ao acto de entrega de doazóns da undécima edición de ‘Os xoves de Códax’. Celebrado na sede da adega cambadesa, a nosa entidade foi unha das cinco organizacións sociais escollidas como beneficiarias nesta edición. Alí recibimos un donativo por valor de 9.848,52 euros, correspondente ao recadado durante o segundo concerto deste ciclo de actuacións solidarias.
A entrega foi recaeu nas mans do presidente da adega cambadesa, Xoán Allegue, que destacou a importancia de colaborar con entidades que traballan pola inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas.
Durante o acto, Allegue agradeceu a forte acollida que tivo a iniciativa entre a sociedade, e incidiu en que “a colaboración é e será fundamental no noso día a día. É a filosofía de Bodegas Martín Códax, formada por familias, e é a mesma particularidade que nos une ás asociacións aquí presentes que traballan na igualdade de oportunidades para todas as persoas, para que ninguén quede atrás. Xuntos, cooperando, medramos máis e mellor”.
Pola súa banda, o representante de Amicos destacou que “dende a nosa asociación queremos expresar o noso agradecemento a Bodegas Martín Códax pola súa xenerosa aportación, froito da XI edición do seu ciclo musical ‘Os xoves de Códax’. Este apoio será fundamental para seguir mellorando os servicios de atención e apoio que ofrecemos ás máis de 150 personas que acuden diariamente ós nosos centros”.
Asemade, Miguel Beiro destacou que na entidade boirense “grazas a esta contribución, poderemos reforzar áreas clave como a atención directa e a formación para personas con discapacidade intelectual, o que nos permitirá seguir brindando un servizo de calidade e mellorar a inclusión social dos que máis o necesitan. Apreciamos enormemente este xesto solidario, que nos impulsa a continuar traballando por una sociedade más inclusiva e sostible”.
Os xoves de Códax
As Bodegas Martín Códax organizaron un ano máis o seu ciclo musical ‘Os xoves de Códax’, unha iniciativa na que buscan estimular a simbiose entre música e cultura con fortes raíces galegas nun enclave único como A Terraza do grupo en Cambados.
Esta edición, a undécima dende que botou a andar a iniciativa, contou coa actuación de artistas como Miguel Lamas & Miguel Poveda, Sumrrá & Niño de Elche, Moisés Fernández & La fiesta del sur & Antonio Carmona, Mondra e A Pedreira. Un total de cinco concertos cuxos beneficios foron destinados a cinco asociacións solidarias de Galicia, e que un ano máis resultou un auténtico éxito.
Nesta edición, os 50.000 euros recadados destinouse á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Parkinson, Ela e Outras Enfermidades Neurodexenerativas; AMICOS, Son das Flores, Cociña Económica de Santiago e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.
NOVAS EN MEDIOS
Para máis información:
981 865 716
658 753 047