• En Bergando participamos en distintas actividades como hípica, tiro con arco ou obradoiros de traballos manuais
  • A actividade foi posible grazas ao apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través  das actividades da Asociación de Nais e Pais de Alumn@s

 

O alumnado do CEEPR de Oleiros desfrutamos este luns, 14 de outubro, dunha xornada do máis bucólica na Granxa Escola Bergando, situada en Negreira. Alí pasámolo en grande participando en distintas actividades como hípica, tiro con arco ou obradoiros de traballos manuais. Pero o momento máis esperado foi sen dúbida a visita aos habitantes da granxa: unha chea de animaliños do máis encantadores.

A visita comezou coa presentación dos monitores que nos acompañaron ao longo de todo o día, que nos dividiron en dous grupos para asegurar que nos dera tempo de desfrutar a fondo da experiencia.

Un grupo comezou coa actividade de hípica, na que puidemos peitear, acariñar e subirnos nuns cabalos moi mansos e extravertidos. O segundo, mentres tanto, deu un paseo pola granxa para ver como viven os distintos animais que alí viven: os cans, burros, cabras…

Tamén deixamos voar a nosa imaxinación nun taller no que elaboramos distintas manualidades, e ata nos animamos a practicar o tiro con arco.

Tras unha intensa mañá, desfrutamos dunha comida tod@s xuntos e continuamos coa sesión de actividades. En definitiva, foi un día cheo de aventuras e bos momentos!

Cabe destacar que esta actividade foi posible grazas ao apoio da  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través  das actividades da Asociación de Nais e Pais de Alumn@s

 

 

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org