- Este mércores Catalina Conde e José Manuel Vila, directora e xerente de AGASFRA, visitaron Amicos para ver o día a día dos nosos amicos e amicas
- Adriana Miguéns e o resto d@s moz@s foron os encargados de mostrarlles o traballo que realizan nos distintos obradoiros e o seu labor como axentes medioambientais
O equipo e @s amic@s do noso Centro de Atención Integral de Boiro recibimos este mércores, 16 de outubro, a visita da Asociación Galega San Francisco. Como membros de FADEMGA Plena Inclusión, ambas entidades compartimos o traballo e o coidado especializado en prol das persoas con discapacidade intelectual, polo que a visita centrouse nun percorrido para redescubrir os servizos e a familia da nosa entidade.
Así, a amica Adriana Miguéns e Pilar Sampedro, coordinadora de Centros de Amicos, foron as encargadas de darlle a benvida a Catalina Conde e José Manuel Vila, directora e xerente de AGASFRA respectivamente. Da man de Adriana puideron ver en primeira persoa os distintos servizos que ofremos, así como o labor que se realiza dende as distintas áreas da entidade, que suma máis de 150 traballadores e un milleiro de persoas atendidas diariamente.
Sen embargo, o punto forte do percorrido foi ver en primeira persoa os distintos obradoiros, nos que se traballan aspectos como creatividade, tecnoloxía, arte ou memoria, entre outros. Os propios amicos e amicas foron os encargados de explicarlles que traballan en cada taller, así como é o seu día a día no centro.
Adriana tamén lles mostrou aos convidados como o traballo en fisioterapia ou na aula de estimulación sensorial axuda aos mozos e mozas, información que o equipo técnico completou ao abordar como este servizo beneficia en especial a aqueles con grandes necesidades de apoio.
As persoas con discapacidade intelectual como membros activos da sociedade
@s moz@s tamén quixeron facer partícipes a Catalina Conde e José Manuel Vila da súa labor como activistas medioambientais.
Neste senso, explicáronlles en que consisten algúns dos proxectos de sensibilización e labor ambiental e social nos que participa Amicos. Asemade, faláronlles da súa experiencia como axentes medioambientais, unha figura de vital importancia nas iniciativas desenvolvidas pola nosa entidade.
A través do seu labor como axentes medioambientais, as persoas con discapacidade intelectual desempeñan un rol protagonista en accións de sensibilización e recuperación medioambiental. Así como parte central na concienciación social e sensibilización da sociedade en aspectos como o coidado da biodiversidade e os distintos ecosistemas, e a sociedade igualitaria, marcada pola integración e a equidade.
AGASFRA é unha entidade especializada na atención de persoas con discapacidade intelectual con sede na cidade de Vigo. Grazas por visitarnos e por acompañarnos nunha xornada tan enriquecedora e agradable.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047