- Realizamos unha semana temática con motivo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama
- Unha delas foi o obradoiro ‘Coñece os teus limóns’ para familiarizarse con esta enfermermidade
Un ano máis, en Amicos adiántamonos ao Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se conmemora o sábado 19 de outubro, cunha semana temática para coñecer máis a fondo este tipo de tumor maligno.
O cancro de mama é o máis frecuente entre mulleres, e o que provoca un maior número de mortes entre a poboación feminina. Só no ano 2023, diagnosticáronse en España uns 35.312 novos casos, segundo datos da Asociación Española contra o Cancro.
Así, os nosos amicos e amicas participaron en distintas actividades para descubrir aspectos tan importantes como en que consiste, as fases desta enfermidade ou como detéctalo.
Unha das que máis desfrutaron e que lles resultou especialmente útil foi o taller ‘Coñece os teus limóns’, do obradoiro Igualámonos. Nesta actividade, que se basea en infografías como a dos doce síntomas deste tumor, na que a través da imaxe de varios limóns resulta especialmente representativa de como pode exteriorizarse este tipo de cáncer.
Tamén refrescaron conceptos como a autoexploración, factores de risco que poden aumentar as posibilidades de sufrilo, o cáncer de mama no home, etc.
A visibilización a través da decoración
Outra das actividades que realizaron os amicos e amicas foi o deseño e elaboración da decoración colocada no centro para conmemorar esta loita. As mozas e mozos axudaron ao equipo técnico a instalar un lazo xigante de cor rosa, que representa o cancro de mama, no corredor do Centro de Atención Integral .
Tamén realizaron un mural cunha gran árbore, decorada con máis dunha trintena de lazos rosas nos que se incorporaron fotos de usuarias e traballadoras de Amicos, para representar que estamos xuntas nesta loita.
Por outra banda, o mércores Rosa e Carolina encargáronse de repartir lazos rosas entre o equipo de Amicos para visibilizar o apoio da familia de Amicos ás persoas loitan contra esta enfermidade e a importancia da investigación.
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org