• As Ecobrigadas de Amicos e alumnado do Dual de Xardinería de Amicos plantaron un total de 450 freixos na parcela
  • O acto de inauguración tivo lugar o martes, 19 de novembro, e contou coa asistencia do director de Bioetanol Galicia, Noé Pestonit, o director de Relacións Institucionais, Ángel Mato, e o coordinador de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Keltoi Cameán, aos que acompañaron o alcalde e o concelleiro de Medioambiente de Curtis.

 

A Fundación Vertex Bioenergy e Amicos inauguramos este martes, 19 de novembro, o Bosque Vertex BIOENERGY en Curtis. A foresta acolle uns 450 freixos, no marco dunha alianza que busca fomentar a conservación da biodiversidade da zona e a integración das persoas con discapacidade intelectual, que son as encargadas de conducir as labores de reforestación a través das Ecobrigadas.

Ao acto de apertura asistiron o director da planta galega de Vertex Bioenergy, Bioetanol Galicia, Noé Pestonit, o director de Relacións Institucionais da compañía, Ángel Mato. Aos que acompañaron o coordinador de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Keltoi Cameán, o alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestructuras do municipio coruñés, Iván Maques.

 

 

 

 

Alí, o grupo puido ver en persoa o resultado do traballo realizado polas Ecobrigadas da asociación boirense, uns equipos multidisciplinares cualificados e especializados en sectores como o forestal, xardinería, obras e bedelería; co obxectivo de xerar oportunidades laborais para as persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social. Eles foron os encargados de realizar tanto as labores de adecuación como a reforestación de 450 freixos, especie idónea polas condicións da parcela.

A través desta iniciativa Vertex busca deixar unha pegada social e ambiental positiva nos territorios nos que está establecido, como é Curtis coa súa planta de Bioetanol Galicia.

Noé Pestonit, director de Bioetanol Galicia, destacou que “esta colaboración con Amicos concorda co ADN da nosa empresa, pegada ao territorio, centrada no apoio á comunidade máis próxima e cunha aposta decidida pola sostibilidade”. “O traballo con entidades sociais é tamén un aspecto que coidamos con interese, xestionado a través da Fundación Vertex Bioenergy, centrada na integración social, na contribución ao desenvolvemento social no ámbito rural e no apoio ao talento mozo”indicou Pestonit.

O bosque Vertex Bioenergy é unha iniciativa da Fundación Vertex Bioenergy que Amicos fixo realidade buscando alianzas co Concello de Curtis para a dispoñibilidade dos terreos.

 

 


 
 

O coordinador de Alianzas de Amicos, Kelltoi Cameán, declarou en referencia a esta acción que “estamos orgullosos de que cada vez máis empresas e institucións colaboren en accións que reforcen a inclusión real da discapacidade intelectual e o coidado medioambiental. Queremos agradecer a Vertex Bioenergy o seu apoio constante dende o inicio desta alianza, que se remonta ao 2020, e que favoreceu tamén que puidesemos establecer unha colaboración co Concello de Curtis”.

Asemade, fixo referencia a que “dende Amicos esperamos que a nosa alianza con Vertex se amplíe nos próximos anos, incrementando as prestacións da veciñanza curtiense e o fomento da inclusión e a cidadanía activa das persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, o segundo tenente de alcalde de Curtis, Iván Maques, destacou que “para nós é un pracer que Amicos colabore tanto co Concello de Curtis como con empresas privadas para impulsar a reforestación forestal, tanto aquí como en outros puntos de Galicia”.

Esta acción, ao igual que tódalas accións medioambientais que Amicos leva a cabo na zona, contou coa colaboración do Concello de Curtis, que cederon a parcela no marco dun convenio de colaboración asinado coa entidade en prol da integración social das persoas con discapacidade e a sensibilización ambiental.

 

 

 

Sobre Vertex Bioenergy

Con biorrefinerías ubicadas en Curtis, Babilafuente, Cartagena e Arance (Francia), Vertex Bioenergy é referente europeo na producción de bioetanol e prácticamente único productor en España. Ademais, produce DDGS, proteína vegetal destinada á fabricación de piensos para alimentación animal, aceite de millo e CO₀ bioxénico.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org