• A actividade enmárcase dentro do proxecto ambiental e inclusivo CLIMABILITY, cuxo obxectivo é investigar medidas dirixidas a mitigar e adaptarse ao cambio climático e sensibilizar sobre esta problemática.
  • Climability conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico

 

As consecuencias do cambio climático no noso planeta son innegables, e co paso dos anos espérase que o seu impacto na vida e nos ecosistemas sexa cada vez máis extremo. Co obxectivo de estudar a súa incidencia e posibles formas de adaptarse a esta problemática, dende Amicos organizamos este xoves, 28 de novembro, un workshop no marco do proxecto ‘Climability: Solucións inclusivas e sostibles para a adaptación do cambio climático’, co obxectivo de sensibilizar, investigar e dar a coñecer medidas que contribúan a frear o cambio climático.

O obradoiro realizouse no Centro de Atención Integral a partir das 11.00 horas. Nel participaron case unha vintena de persoas, que coñeceron as repercusións que terá o cambio climático na comarca do Barbanza, que son as solucións baseadas na natureza (SBN) e como estas contribúen a adaptarse e frear o cambio climático.

Os e as asistentes coñeceron da man de profesionais algúns dos datos recollidos no estudo realizado ao abeiro do proxecto. As conclusións do mesmo inciden en como o cambio climático nas comarcas do Barbanza e de Verín, as principais problemáticas ambientais e climáticas nestas zonas e analizáronse posibles Solucións Baseadas na Natureza (SBN) que poderían ser postas en práctica para contribuír a minimizar os impactos do cambio climático.

 

 


 
 

O cambio climático dende distintos eidos

Climability non só é un proxecto de activismo sobre o cambio climático, é tamén unha iniciativa de integración social conducida por persoas con discapacidade intelectual. Para iso, un grupo de dez axentes e activistas medioambientais de Amicos participaron en distintas formacións sobre esta temática para especializarse e converterse en promotores das accións de sensibilización e información.

O obxectivo é establecer redes inclusivas comarcais de traballo e apoio de iniciativas relacionadas coas solucións baseadas na natureza que permitan unha mellor adaptación o cambio climático.

Climability conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Convocatoria de subvencións para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021 – 2030.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org