- A iniciativa busca sensibilizar, investigar e dar a coñecer medidas que contribúan a frear o cambio climático, tanto na comarca do Barbanza como na de Verín
- Climability conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Convocatoria de subvencións para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021 – 2030
O cambio climático constitúe un fenómeno global, tanto polas súas causas como polos seus efectos, e require dunha resposta multilateral baseada na colaboración. Con esta idea naceu o proxecto Climability: Solucións inclusivas e sostibles para a adaptación do cambio climático, co obxectivo de sensibilizar, investigar e dar a coñecer medidas que contribúan a frear o cambio climático, tanto na comarca do Barbanza como na de Verín.
No marco desta iniciativa, o equipo de Amicos continúa a organizar talleres formativos na bisbarra da localidade ourensá. Alí organizáronse dous workshops este luns, 20 de xaneiro, aos que acudiron o alumnado do obradoiro de emprego Rodeiro da Cota e os usuarios e usuarias do centro ocupacional da Fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca de Verín.
O primeiro estivo dirixido aos participantes no obradoiro de xardinería e albañilería posto en marcha de forma conxunta polos concellos de Vilardevós, Riós e Castrelo do Val. A xornada apoiouse nas conclusións do estudo realizado pola Fundación Juana de Vega tamén ao abeiro do proxecto, que inciden en como o cambio climático afecta e afectará nas comarcas do Barbanza e de Verín, as principais problemáticas ambientais e climáticas nestas zonas e na análise das posibles Solucións Baseadas na Natureza (SBN) que poderían ser postas en práctica para contribuír a minimizar os impactos do cambio climático.
Á seguinte sesión acudiron os usuarios e usuarias do centro ocupacional da Fundación para a protección dos discapacitados psíquicos da comarca de Verín. Nesta tamén se analizou en que consiste o cambio climático e como afectará ao territorio galego, así como as SBL que poderían aplicarse para adaptarse ás novas condicións.
Climability: Solucións inclusivas e sostibles para a adaptación do cambio climático
Climability conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Convocatoria de subvencións para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021 – 2030.
A iniciativa apóiase no activismo sobre o cambio climático e ten como fío condutor a integración social, posto que está conducida por persoas con discapacidade intelectual. Para iso, un grupo de dez axentes e activistas medioambientais de Amicos participaron en distintas formacións sobre esta temática para especializarse e converterse en promotores das accións de sensibilización e información.
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org