- Os fondos aportados pola compañía galega de distribución alimentaria proveñen tras a valorización de 38906 quilos de tapóns de plástico e aceite reciclados polos clientes o ano pasado a través dos puntos habilitados nas tendas.
A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski entregounos este luns un total de 5.015,81. En Amicos destinaremos este importe a reforzar tanto os nosos proxectos medioambientais, como a restauración de fondos mariños e a recuperación de especies sensibles, como a impulsar a mellora das oportunidades de emprego das persoas con discapacidade intelectual.
A doazón foi posible grazas á valorización realizada tras a xestión de 38.906 quilos de tapóns de plástico e aceite recollidos nos establecementos da rede comercial de Eroski e Autoservizos Familia en Galicia, Asturias e Castela e León; e reciclados polos clientes durante o 2024.
Os amicos, Manu e Javi foron os encargados de recoller o cheque esta mañá no supermercado Eroski Center de Ribeira. Estuveron acompañados polo noso director xeral, Xoán España, e por parte de Vegalsa-Eroski, da directora de Sostibilidade e Comunicación, Gabriela González, e do xestor de Calidade, Ricardo Castro, entre outros.
Colaboración a longo prazo
Sobre esta última doazón de Vegalsa-Eorski, o director xeral da Asociación Amicos afirma que “en AMICOS somos afortunados por contar co apoio constante de Vegalsa-Eroski. Demostran a súa implicación e compromiso. E que compartimos un camiño común: a economía social, que é a base do crecemento amais dun motor de transformación social. Por iso, grazas á súa xenerosidade, podemos seguir avanzando en proxectos que melloran a vida de moitas familias, ao tempo que contribuímos a coidar o noso planeta. Para nós son un exemplo de como se constrúe e se transforma o futuro
E que Vegalsa-Eroski leva anos colaborando con AMICOS en proxectos relacionados co reciclaxe e outro tipo de accións medioambientais, como labores de limpeza de prais ao abeiro do programa RE-MAR, cuxo obxectivo é a redución dos residuos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego.
Compromiso medioambiental
Pola súa parte, o xestor de Calidade da compañía alimentaria, Ricardo Castro, puxo en valor a importancia da circularidade: “As políticas de Vegalsa-Eroski céntranse na redución de residuos e en tratar da mellor maneira posible aqueles que xeramos. Agradecemos aos noso clientes o seu compromiso pola reciclaxe a través dos nosos puntos para a xestión de tapóns e aceite, unha acción coa que contribúen ao coidado dos nosos entornos”.
Dende Amicos queremos agradecer a Velgasa-Eroski o seu apoio, que se materializa nos nosos proxectos medioambientais e de inserción sociolaboral para as persoas con discapacidade intelectual.
NOVAS EN MEDIOS
Para máis información:
981 865 716 – M. 658 753 047
hola@amicos.org