- A andaina será o xoves 1 de maio ás 17 horas dende o Campo de fútbol Beiramar (Castrelo – Cambados)
Esta semana recibimos a visita da asociación mulleres rurais castrelo “as saíñas”, que levan dende o 2015 facendo unha andaina solidaria co obxectivo de recadar fondos para algunha entidade galega. E este 1 de maio, celebran de novo esta actividade saudable doando o peto a favor de Amicos. O evento gratuíto e aberto a todos os públicos está previsto para as 17 horas e será un percorrido circular con saída e chegada ao Campo de fútbol Beiramar. O traxecto de 9 quilómetros atravesará varios enclaves naturais: o sendeiro do compexo intermareal do Umia Ansuiña, pasando por Saiñas, Con de Xido e Correlo.
Ao finalizar a actividade haberá froita e agua para os participantes. Ademais durante a velada solidaria contarase con inchables, sorteos, a actuación da Escola de Baile Anpa “O Castro” e moito máis! Todo presentado por Miguel Perlas e con dous padriños: Rogelio Santos, o mariñeiro influencer e Jordi Carrasco, campión do mundo de maratón M50.
A asociación con sede en Castrelo (Cambados) leva recadado en todos estos anos, en total, máis de 12 mil euros que destinou a diferentes causas sociais.