• O proxecto enmárcase no programa Erasmus+ a través do SEPIE e conta coa colaboración de dúas entidades de Roma e de Nápoles.
  • Formarase a 15 persoas de Galicia cun programa gratuíto que servirá de introdución á musicaterapia.
  • Vai dirixido a mozas e mozos músicos desempregados, persoal de atención socio-sanitaria en desemprego, terapeutas – logopedas, psicoterapeutas, pedagogas…
  • Desenvolverase ata agosto do 2026.

 

Con terapias baseadas na música para fomentar o emprego é do que trata o noso novo proxecto colaborativo “MUSE”. Incorporamos unha oferta formativa, gratuíta e innovadora, que tratará de incrementar e mellorar as habilidades do persoal de atención socio-sanitaria no seu desempeño na atención ás persoas con dificultades de comunicación. Desenvolverase ata agosto do 2026.O programa encadrase no marco do programa Erasmus+, a través do SEPIE. Está coordinado por Amicos e conta coa colaboración de dúas entidades de Roma e Nápoles: unha dedicada á formación (Università Popolare di MusicArTerapia nella Globalità dei Linguagi – Metodo Stefania Guerra Lisi dal 1970) e a outra versada na formación, dinamización e servizos sociais (Cooperativa Umanista Mazra).



Formarase en liña e de xeito gratuito a 15 persoas en Galicia, entre eles mozas e mozos músicos desempregados, personal de atención socio-sanitaria en desemprego, terapeutas – logopedas, psicoterapeutas, pedagogas… que demostrarán as habilidades aprendidas nun evento aberto ás empresas empregadoras. E que “Muse” tamén busca sensibilizar ás empresas na oportunidade para a mellora dos seus servizos e a atencion á dependencia coa incorporación de quen recibe esta información.

 

Entre as accions que levaremos a cabo está o deseño do programa formativo que sirva de introdución á terapia musical para desenvolver habilidades que melloren e favorezan a comunicación integral con persoas con dificultades na comunicación verbal (discapacidade intelectual, accidentes cerebro-vasculares,…). Así, busca demostrar que grazas a esta formación favorecerase a empregabilidade das persoas que busquen desenvolver a súa actividade profesional en calquera dos ámbitos (atención socio-sanitaria, terapias – psicoloxía, psicopedagoxía, psicoloxía, logopedia…- , xardíns de infancia, residencias …). E como parte da aproximación á metodoloxía involucra a expresión musical, polo que pode resultar de interese ás persoas con formación musical que teñan interese en explorar outras vías profesionais.

 

Xa participamos nas primeiras reunións de preparación e coordinación. Precisamente, en abril tivemos unha mesa redonda con expertas en varias áreas relacionadas coa música, a terapia, e a atención á dependencia e os coidados para identificar as necesidades formativas dos grupos aos que se dirixe a formación. Estade atent@s porque pronto informaremos dos avances, características do programa formativo e de como inscribiros!