• Na andaina de 9 quilómetros participaron 700 persoas e recadáronse case 2000 euros
  • @s Amic@s axudaron á asociación repartindo froita entre os participantes

 

Varios amicos e amicas botaron unha man na andaina solidaria e saudable da asociación Mulleres Rurais As Saíñas de Castrelo o 1 de maio. O percorrido de 9 quilómetros foi circular con saída e chegada ao Campo de fútbol Beiramar. Así, atravesou varios enclaves naturais como o sendeiro do compexo intermareal do Umia Ansuiña, pasando por Saíñas, Con de Xido e Correlo. Adri, Ramiro, Manu e máis amic@s repartiron avituallamento ás 700 persoas que participaron nunha xornada onde se recadaron 1900 euros, que a asociación As Saiñas destinou a Amicos. Entidade á que volverán dedicar a andaina da próxima edición.

 

 

A cita contou co influencer e mariñeiro, Rogelio Santos e o campión do mundo de Maratón M50, Jordi Carrasco, como padriños.

 

NOVAS EN MEDIOS

DIARIO DE AROUSA

DIARIO DE AROUSA

FARO DE VIGO

FARO DE VIGO

 

Para máis información:

T. 981 865 716

M. 658 753 047

hola@amicos.org