- Amicos-Inclusión: On Boarding está financiado por ENAIRE, entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible
- O obxectivo desta iniciativa é desenvolver itinerarios de inserción laboral vinculados ás necesidades e demandas de emprego nos aeroportos galegos
As persoas participantes no proxecto Amicos-Inclusión: On Boarding visitaron este sábado, 19 de xullo, o aeródromo militar de Santiago de Compostela para coñecer de primeira man como funciona esta infraestrutura clave para Galicia e descubrir novas oportunidades de emprego inclusivo. Asemade, puideron ver como se desenvolve un acto aberto ao público nas instalacións, e as necesidades que xorden de cara ás persoas con máis necesidades de apoio.
Esta actividade enmárcase nos itinerarios de inserción laboral que se están a desenvolver co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade, achegándoas a sectores con grandes posibilidades como o aeroportuario, principal porta de entrada de peregrinos e turistas á nosa terra.
Amicos-Inclusión: On boarding é un proxecto que desenvolve itinerarios de inserción laboral vinculados ás necesidades e demandas de emprego nos aeroportos galegos. O obxectivo desta iniciativa é facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade, ao tempo que se favorece a súa inclusión en espazos públicos.
Neste senso, estes itinerarios seguen unha metodoloxía centrada na persoa, cun servizo de orientación laboral especializado, apoio para a inserción na empresa e acompañamento e asesoramento. Isto tanto para a persoa usuaria coma para a empresa, co obxectivo non só de promocionar a contratación por parte de empresas relacionadas cos aeroportos galegos, senón tamén de outorgar ferramentas para o mantemento do emprego.

ENAIRE, aliado da inserción laboral de persoas con discapacidade
ENAIRE é o principal provedor de servizos de navegación aérea e de información aeronáutica en España. Unha relevancia que o converte no cuarto en Europa por volume de tráfico, e un dos máis importantes a nivel mundial.
Esta entidade pública empresarial depende do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, e xestiona o espazo aéreo español sobre un territorio de 2.190.000 quilómetros cadrados.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


