- O obxectivo destas formacións é incorporar novas tecnoloxías e estratexias dixitais de inbound marketing para conectar mellor coa sociedade
- Ecosistema Digital Amicos está cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Traballo e Economía Social e pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU
Os traballadores e traballadoras de Amicos participamos dende comezos de ano nalgunha das vinte formacións deseñadas no marco do proxecto Ecosistema Digital Amicos. Esta iniciativa busca modernizar e reforzar a nosa maneira de conectar coa sociedade, incorporando tecnoloxías e estratexias dixitais de inbound marketing, intelixencia artificial e ferramentas de automatización para mellorar a captación de socios, voluntariado e persoas embaixadoras.
Así, os e as participantes asistiron a formacións sobre a dixitalización de diversas áreas laborais, o uso de ferramentas como Google ou asistentes de intelixencia artificial no traballo. Tamén asistiron a distintas xornadas sobre xestión do medio ambiental, programación e robótica, o Sistema aumentativo e alternativo de comunicación (SAAC), ou sobre a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).
Estas aprendizaxes están a permitir que cada persoa do equipo de Amicos mellore o seu manexo das tecnoloxías dixitais e gañe confianza á hora de aplicar novas prácticas no día a día. Ademais de formar ás persoas, a entidade dotouse dunha plataforma de xestión e automatización de tarefas de marketing dixital, que permitirá simplificar procesos e conectar todas as canles de comunicación online.
Ecosistema Digital Amicos está cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Traballo e Economía Social e pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, naceu coa vontade de modernizar a captación de socios, voluntariado e embaixadores da entidade mediante ferramentas de automatización, intelixencia artificial e inbound marketing. Un paso adiante para reforzar a nosa misión: sumar máis persoas á causa da inclusión e da protección do medio ambiente.

Un proxecto por fases, con mirada a longo prazo
O Ecosistema Dixital avanzou en tres fases. Unha primeira centrada en avaliar os sistemas existentes e detectar as áreas de mellora, ao que continuou unha segunda, que permitiu incorporar novas ferramentas como HubSpot, adaptadas ás características específicas da nosa entidade.
E así chegamos a esta terceira etapa, na que a clave é a formación. Nesta, unha gran parte do equipo participou en distintos cursos a través dos que se buscou que @s membros teñan a capacidade de adoptar con seguridade e confianza estas ferramentas, o que favorece unha transición áxil cara ás novas prácticas dixitais.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


