- As xornadas, nas que participan unha trintena de persoas do equipo de Amicos, engóbanse no proxecto AMI4CEI
- AMI4CEI está financiado polo Programa de Empleo, Formación, Educación e Economía Social (EFESO) e do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).
Unha trintena de persoas do equipo de Amicos participa na formación Aportando valor, dirixida a mellorar o clima laboral poñendo o acento en estimular a cohesión e o traballo en equipo no grupo.
Esta consiste nunha serie de xornadas que se levan organizando dende o mes de abril e que se estenderán ata finais de ano. Nelas participan unha trintena de traballadores e traballadoras da entidade, que nas distintas sesións participan en dinámicas de team building a través das que se fomenta a confianza, a comunicación e o coñecemento mutuo.
Aportando valor englóbase na segunda fase do proxecto AMI4CEI, que consiste en actuacións dirixidas a fortalecer a rede interna da entidade. Nesta etapa organizáronse tamén outras formacións a través das que se busca a mellora das competencias profesionais para fortalecer as propias empresas e entidades, así como a creación interna de dúas ferramentas coas que estudar as necesidades e solucións dixitais da área de Emprego da entidade, que faciliten a atención das persoas beneficiarias desta área.
Por outra banda, outro dos obxectivos principais do proxecto é desenvolver distintas actuacións laborais e formativas dirixidas a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, co obxectivo de promocionar a contratación de persoas con discapacidade intelectual e/ou en situación de vulnerabilidade, como de consolidar os empregos inclusivos xa acadados.

Un proxecto innovador cun impacto pioneiro
AMI4CEI estará operativo ata finais do ano 2026, cunha metodoloxía centrada na persoa que pretende establecer un sistema fluído de comunicación entre as empresas e os usuarios e usuarias traballadoras, no que Amicos os acompañará de preto en todo momento, apoiándose en ferramentas TIC pioneiras, como o uso da Intelixencia Artificial ou un software de xestión do talento integrado na propia web da entidade.
AMI4CEI é unha iniciativa posta en marcha por Amicos, coa financiación do Programa de Empleo, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), na calidade de organismo intermedio do programa EFESO.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


