• Na xornada participaron a deputada de Medio Ambiente, Rosa Ana García; os concelleiros de Política Social de Boiro, Raúl Treus; de Medio Ambiente e Medio Rural de Porto do Son, Juan José Calo; e o do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes
  • Tamén participaron na acción o patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño, José Antonio Santamaría; o presidente de mariscadores da agrupación, Manuel Ángel Reiriz; e o buzo Fidel Reiriz
  • A acción supuxo a solta de 110 laminarias e 4 gorgonias

 

Este mércores, 27 de agosto, a deputada responsable de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García; acompañounos nunha das nosas xornadas de restauración de fondos mariños. No marco desta acción devolvéronse ao mar catro gorgonias e un total de 110 laminarias.

Animáronse tamén a participar na xornada o concelleiro de Política Social de Boiro, Raúl Treus; o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Porto do Son, Juan José Calo; e o concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes. Tamén participaron o patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño, José Antonio Santamaría; o presidente de mariscadores da agrupación, Manuel Ángel Reiriz; e o buzo Fidel Reiriz.

Tras esta primeira parada, puxémonos rumbo a Aguiño, onde embarcamos para levar a cabo a acción principal da xornada: a solta de 110 laminarias e 4 gorgonias, da man da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, grandes aliados nesta loita pola conservación mariña.

 

 

 

Durante a visita, a deputada Rosa Ana García destacou que “Amicos é un claro exemplo de que o sostible e o social poden camiñar da man e que as persoas con discapacidade intelectual poden aportar moitísimo á sociedade, como activistas e mesmo como científicos”.

Tamén aproveitou para agradecer ao equipo o seu labor, lembrando que proxectos como CABALGA “non só devolven vida ao mar, senón que tamén xeran oportunidades para toda a comunidade”.

As nosas activistas tamén tiveron voz propia. Carol, unha das axentes medioambientais, lembrounos que “hai que ter presente que as persoas con discapacidade intelectual podemos con todo” e agradeceu ás institucións e entidades que apoian este camiño.

Desde Amicos, seguimos comprometidos coa restauración activa dos fondos mariños como unha das nosas liñas estratéxicas no marco da Blue Mission. Só neste ano, xa reinsertamos máis de 460 gorgonias, 1120 unidades de zostera e 1150 soportes de laminarias, mobilizando a máis de 2000 voluntarios e voluntarias en máis de 110 accións medioambientais.

Con pasos como este, demostramos cando as administracións, comunidade mariñeira e persoas activistas de Amicos nos unimos podemos devolver vida ao mar e coidar do noso futuro común.

 

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org