• A Fundación Flora para a Alegría Social recada máis de 4.000 euros no VI Torneo CGES de Golf, que destina ao noso programa para mulleres en situación de vulnerabilidade con discapacidade
  • O torneo estivo organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros, os días 12 e 13 de setembro no Club de Golf Xaz en Oleiros

 

Hai momentos nos que comprobas que pequenos xestos poden cambiar vidas. Para nós, un deses momentos foi a iniciativa que levou a cabo xunto coa Fundación Flora, para apoiar o noso programa para mulleres en situación de vulnerabilidade con discapacidade.

O escenario foi o VI Torneo CGES de Golf, organizado polo Consello Galego de Enxeñeiros, os días 12 e 13 de setembro no Club de Golf Xaz en Oleiros. Ver como tantas persoas se sumaban con entusiasmo, dende os patrocinadores Mutuactivos, Calvo Xoiaría, Brigantia Real Estate e Grand Azulmarino, ata cada xogador e colaborador, fíxonos sentir unha enorme gratitude. Grazas a todos, conseguiuse recadar máis de 4.000 euros, que a Fundación Flora para a Alegría Social, destinará integramente ao noso proxecto.

Quero facer un agradecemento moi especial a Marta González Deus. Marta non só confiou en nós, senón que creu no noso proxecto e abriunos a porta a esta oportunidade. Grazas a persoas coma ela, podemos seguir medrando e colaborando en iniciativas por e para as mulleres, ofrecendo apoio, ferramentas e oportunidades que marcan a diferenza.

Aquel día, mentres compartiamos risas, emoción e solidariedade no torneo, sentiamos de preto como o compromiso e a xenerosidade de todos poden transformar vidas. Cada euro recadado, cada xesto de apoio, é un paso máis cara á autonomía e o benestar de mulleres que o precisan.

Para Amicos, experiencias coma esta son a mellor proba de que cando unimos esforzos e corazóns, podemos xerar un impacto real e positivo na vida das persoas. E iso é algo que enche o corazón de alegría e esperanza.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org