• A mostra pasará tamén polos concellos de Lousame, A Pobra do Caramiñal, Pontecaldelas, Meis e Pontevedra; e xa estivo en Ribeira e Caldas de Reis
  • AMIRÍOS, posto en marcha por Amicos e financiado por Augas de Galicia, busca concienciar á sociedade da necesidade de protexer e conservar os ecosistemas fluviais a través da labor informativa dos axentes ambientais de Amicos.

 

A Carballeira de Caldas de Reis encheuse de vida e aprendizaxe grazas a unha nova parada da exposición itinerante Amiríos. Máis de 160 alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Alfonso VII gozaron dunha mañá diferente, con xogos e dinámicas que lles axudaron a descubrir a importancia de coidar dos ríos galegos e a súa biodiversidade.

A actividade estivo guiada pol@s nos@s axentes medioambientais, que transmitiron ao alumnado valores clave como o uso responsable da auga e a necesidade de preservar a natureza.

Na xornada tamén participaron o alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez; o técnico de orientación laboral de Amicos, Pablo Penide; e Cintia Méndez, responsable de Medioambiente, Hixiene Industrial e Sostibilidade de Clavo Food Factory, unha empresa que colabora activamente coa entidade na inserción laboral de persoas con discapacidade, que participan nos diferentes proxectos da entidade. Neste marco de cooperación, achegouse tamén a coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver dentro do proxecto AmiRíos.

 
 

 

 

Durante o acto, o alcalde destacou a importancia de “aprender divertíndose” e puxo en valor o feito de que sexan as persoas con discapacidade quen lideren as actividades, demostrando que “todos sumamos e non hai diferenzas”. Pola súa banda, representantes de Amicos e de Clavo Food Factory agradeceron a boa acollida e salientaron o valor de unir esforzos para construír unha sociedade máis sostible e inclusiva.

Asemade, Caldas de Reis acolle nestes días a exposición Amiríos, formada por tótems informativos que explican os retos e riquezas dos ríos galegos. Un recurso que busca chegar a toda a cidadanía para aumentar a conciencia ambiental e fomentar o respecto polo medio.

Con esta parada, Amiríos continúa o seu percorrido por diferentes concellos galegos, levando educación ambiental e inclusión a cada recuncho.

 

 

 
 

NOVAS EN MEDIOS

O BARBANZA

DIARIO DE AROUSA

FARO DE VIGO

PONTEVEDRA VIVA

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org