• A tradicional comida de Nadal de Amicos reuniu a persoas que acoden ao Centro de Atención Integral, traballador@s e familias
  • O momento máis esperado polos amicos e amicas foi a visita de Papá Noel, ao que informaron das súas peticións de cara á noite do 24 de decembro

 

En Amicos hai momentos que saben a fogar, a través dos que se busca celebrar o importante, que é estar xuntos. E un deses momentos é, sen dúbida, a nosa tradicional comida de Nadal, unha cita moi especial coa que cada ano damos a benvida ás festas.

Antes de que comecen os días grandes do Nadal e despois de vivir con intensidade o noso Festival, a familia de Amicos reuniuse na nosa gran comida de Nadal que tivo lugar o venres 19. Un encontro no que participaron as persoas que acoden ao Centro de Atención Integral, profesionais da entidade e tamén moitas familias, creando un ambiente cheo de cercanía e complicidade.

Esta comida foi tamén o punto de partida das vacacións de Nadal para as persoas que acoden ao centro de día e ao centro ocupacional, así como para moitos dos residentes do Fogar Amicos, que nestas datas regresan aos seus fogares para pasar o Nadal coas súas familias.

 

 

 

 

Ao redor da mesa compartimos tempo xuntos, música, risas e moitas conversas. Un deses momentos que quedan na memoria e que nos lembran o valor de celebrar en familia.

E, como non podía ser doutro xeito, chegou o instante máis agardado polos nosos amicos e amicas: a visita de Papá Noel. Este achegouse ata o Centro de Atención Integral para saudar, abrazar e escoitar a cada persoa, converténdose no gran protagonista da xornada.

Quen quixo tivo a oportunidade de sentarse con el, falar un anaquiño e compartir con el os seus desexos para a noite do 24 de decembro. Ademais, os amicos e amicas puideron adiantarlle o que xa foron deixando nas cartas depositadas nos distintos buzóns repartidos polo centro, para que ninguén quede sen facerlle chegar a súa mensaxe, tanto a Papá Noel como aos Reis Magos.

Unha vez máis, esta comida de Nadal lembróunos que en Amicos o Nadal se vive con ilusión, proximidade e coa forza dunha familia que medra cada día.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org