- Sara, Sebastian e Camille participaron esta semana nunha formación de INJUVE, o Instituto da Xuventude, en Santiago de Compostela
- A iniciativa estivo dirixido aos participantes do Corpo Europeo de Solidaridade
A semana pasada, os nosos voluntarios europeos Sara, Sebastián e Camille, que este ano realizan o seu voluntariado en Amicos entre novembro e marzo, participaron nunha formación organizada para participantes do Corpo Europeo de Solidaridade, que tivo lugar en Santiago de Compostela.
Durante estes días, puideron coñecer a mozos e mozas de distintos países e orixes, tecer rede, aprender máis sobre o funcionamento do programa e practicar o español nun contorno dinámico e participativo. Ademais, tiveron a oportunidade de representar a Amicos e compartir cos demais o noso proxecto, a nosa filosofía e o noso compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade.
Este tipo de experiencias non só fortalece as competencias dos voluntarios, senón que tamén enriquece o noso traballo diario, aportando novas ideas, perspectivas interculturais e un impulso extra á nosa comunidade. En Amicos estamos convencidos de que cada encontro, cada xornada de formación e cada nova conexión é unha semente de cambio que fai medrar a inclusión, a diversidade e a solidariedade.
Grazas a Sara, Sebastián e Camille por sumarse ao noso equipo e por facer de Amicos un lugar aínda máis aberto e conectado con Europa.

Para máis información:
981 865 716
658 753 047


